Rey Chao, Manuel Anxo
Profesor. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Formou parte en 1974 dun grupo de renovación pedagóxica que promovería a creación do Movemento Cooperativo da Escola popular Galega, xerme do Movemento de Renovación Pedagóxica de Galicia. Pertenceu ao Consello Escolar de Galicia e ao Equipo de Formadores en Didácticas Específicas que elaborou o Plan Galego de Formación Continuada do Profesorado de Niveis non Universitarios, e foi director do Centro de Formación Continuada do Profesorado de Santiago de Compostela. Entre as súas obras, enfocadas cara á programación didáctica e de formación docente, destacan, A planificación da formación do profesorado en Galicia (1992), A Reforma educativa: contribución a un debate, claves para unha análise da reforma educativa (1991), Guías para a elaboración de proxectos curriculares de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (1994) e La Función directiva en los centros educativos en el marco de la LODE, la LOGSE, la LOPEG y los reglamentos orgánicos de los centros (2000), así como a obra narrativa Tempos no espello (1993).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Estrada