"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente literaria francesa, dentro do xénero novelístico, nacida arredor da década de 1960 e contraria ás formas tradicionais da novela. Caracterízase pola expresión detallada dos acontecementos narrados e pola esquematización dos personaxes, co obxectivo de reproducir a realidade sen xuízos apriorísticos do autor, co conseguinte abandono da análise psicolóxica das personaxes. Os membros desta corrente conciben o mundo como se o narrador fora un cineasta que se limitara a captar as imaxes que se lle presentan diante e onde as situacións surrealistas e inconsistentes nunca teñen explicación por parte do narrador. Tivo un soporte teórico en diversos artigos e en Pour un nouveau roman (1963) do principal impulsor desta corrente, Alain Robbe-Grillet. Outros expoñentes destacados foron Nathalie Sarraute, Marguerite Duras, Claude Simon ou Michael Butor. En Galicia, esta corrente literaria influíu decisivamente nos traballos desenvoltos polos escritores incluídos no movemento da Nova Narrativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deficiente coloración do sangue por falta de hemoglobina.
-
PERSOEIRO
Mártir. Bautizado coa súa dona Exuperia e o seu fillo Teódulo, os tres morreron mártires ao día seguinte na fogueira. A súa festividade celébrase o 26 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito sedimentario constituído por unha masa caótica de materiais, como poden ser os bloques de pedra, olistólitos, gravas ou areas somerxidas nunha matriz lamacenta, acumulado cunha masa semifluída por efecto dun desprazamento gravitatorio submarino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento que se atopa no ollo dalgúns insectos e crustáceos, que ten como precursor biosintético o triptófano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación que se basea na interpretación dos soños. Presente nas relixións e culturas máis antigas, a verdadeira oniromancia presupón que os soños teñen unha linguaxe non comprensible para todos e que, polo tanto, precisan ser interpretados por persoas especializadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección dos cincuenta ordines litúrxicos romanos e romano-franceses máis antigos dos que se identificaron ata o de agora, que editou criticamente Michel Andrieu (1886-1956). O máis antigo parece ser o ORVI, datado en 650-700, que contén as cerimonias de bautismo, e o máis moderno a ORL, datado a mediados do s X, que explica todas as cerimonias do ano litúrxico. Moitos deles compiláronse no Pontifical Romano-Xermánico, do que dependen todos os pontificais e rituais romanos posteriores.
-
-
Relativo ou pertencente á alta montaña mediterránea.
-
Alta montaña mediterránea, de clima frío no inverno e relativamente seco no verán. Comprende as altas montañas de Andalucía e as do N de África.
-
-
PERSOEIRO
Historiadora da arte. Foi profesora na Universidade de Santiago de Compostela, dirixiu a sección de arte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e foi membro do Comité Español de Historiadores del Arte. Formou parte do consello de redacción da revista Cuadernos de Estudios Gallegos. Escribiu numerosos artigos, dos que destacan “A arte dos séculos XVII e XVIII” (1980) e “Las murallas de Compostela en los siglos XVI y XVII” (1988). É membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao material fotográfico, como emulsións, placas ou películas, sensible a todas as cores do espectro que están comprendidas entre o amarelo e o violeta, e insensible, polo tanto, ao vermello.
-
-
-
Liña máis curta entre dous puntos, que nunha superficie esférica é o arco do círculo máximo que pasa polos dous puntos.
-
Liña de menor lonxitude de todas as que pasan por dous puntos dados da superficie terrestre.
-
-
Rota dunha embarcación ou dunha aeronave que coincide coa ortodromía dos seus puntos de partida e de chegada. Dado que é a distancia máis curta entre dous puntos da superficie terrestre, é a rota en que teoricamente procuran navegar os pilotos das embarcacións e, especialmente, os das aeronaves.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ortodromía.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao sistema ortorrómbico.
-
sistema ortorrómbico
sistema rómbico.
-
-
Aplícase ao sistema de eixes en que estes son perpendiculares dous a dous.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Cidade do Vaticano a partir do 1 de xullo de 1861. Subtitulouse “Giornale politico morale”, “Giornale quotidiano” e “Giornale quotidiano político religioso”. Foi voceiro propagandístico do Santo Pontífice e da Santa Sé e, en 1861, pasou a mans dos xornalistas Zanchini e Bastia. O 30 de xuño de 1865 tomou o control o marqués de Baviera e comezou unha nova etapa marcada pola independencia e a polémica con outras publicacións romanas. Aínda que publica documentos oficiais do Vaticano e está considerado como o seu órgano oficioso, é a Acta Apostolicae Sedis a que desenvolve esta función.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor óseo benigno constituído por tecido óseo e cartilaxinoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou ponte vella ou ponte maior Construción situada sobre o río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense. Construída en tempos de Traxano ou Augusto, sitúase na vía XVIII ou Nova, que unía Bracara Augusta con Lucus Augusti. Da primitiva fábrica romana consérvase parte das bases dos piares e o primeiro arco da marxe esquerda. Está formada por grandes perpiaños de granito, arcos de medio punto e apuntados e tallamares arredondados, agás un, que é triangular. Foi reformada e reconstruída en varias ocasións desde a época medieval ata o s XVIII e conserva sete dos máis de dez arcos que probablemente tiña en orixe. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, co talo de ata 45 cm, que presenta follas unicamente na base, grandes e lineares. Ten flores amarelas dispostas en acios, e o froito en cápsula. Florece durante o verán, e atópase en lugares húmidos, xeralmente a certa altura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amida bromoacética da anilina que se presenta en forma de cristais solubles en benceno e en alcohol, que se funden a 168°C. Emprégase como analxésico e antipirético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado bromado da anilina. Preparado por bromación directa da anilina, emprégase na obtención de colorantes azo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta recorrencia.