"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • Que presenta redundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sobresaír dos seus límites, especialmente un líquido por exceso de abundancia.

    2. Resultar unha cousa en beneficio ou prexuízo de algo ou alguén. OBS: Emprégase seguido da preposición en.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reduplicar ou reduplicarse.

    2. Procedemento morfolóxico que consiste na repetición dunha palabra ou dun elemento dunha palabra.

    3. anadiplose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de reduplicar ou reduplicarse.

    2. Que ten os bordos dobrados cara a fóra ou cara a abaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incrementar(se) algo o dobre ou máis do que era.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que reduplica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima redutor producido pola flora microbiana do leite, cuxa proporción, analizada pola velocidade en que se descolora o azul de metileno ou a resazurina, é un índice do estado sanitario do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de redutible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fortificación, relativamente pequena e completamente pechada.

    2. Lugar afastado apropiado para defenderse ou agocharse.

    3. Lugar ou zona onde conflúen determinados grupos sociais ou ideolóxicos.

    4. Grupo social ou ideolóxico que defende algo do pasado ou minoritario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de produtos resultantes do tratamento de azucres con álcalis concentrados e quentes, de carácter fortemente redutor.

    2. Cada un dos compostos orgánicos caracterizados pola presenza na súa estrutura do agrupamento


      FORMULA
      cuxo exemplo característico é o ácido ascórbico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que reduce.

    2. Aplícase aos organismos que no seu ciclo biolóxico transforman en materia inorgánica a materia orgánica acumulada por produtores e consumidores.

    3. Dispositivo para reducir o valor dunha tensión. Pode ser un transformador ou ben unha resistencia que provoca a caída de tensión adecuada.

    4. Especie que, nunha reacción de oxidación-redución, cede electróns, e oxídase. Os compostos empregados como redutores pertencen a categorías químicas moi diversas: o hidróxeno, moitos hidruros metálicos simples e complexos, diversos catións das valencias inferiores dalgúns elementos metálicos (Sn 2+ , Cr 3+ , Fe 2+ , Ti 3+ e outros) algúns anións (SO 3 2- , S 2 O 4 2- , I - e outros), o carbón, moi empregado en procesos metalúrxicos, e unha variedade de elementos químicos no seu estado libre.

    5. Azucre que ten un carbonilo, como a glicosa, a frutosa, a lactosa ou a maltosa, que en determinadas condicións reduce sales cúpricas na análise dos azucres dos alimentos polo método de Fehling e os seus derivados.

    6. Materia orgánica contida na auga, valorada con permanganato potásico, cunha cantidade que determina un índice de contaminación.

    7. Transmisión que, sen modificar o réxime da árbore motor, lle confire á árbore movida unha velocidade inferior á daquela. Cómpre destacar a transmisión por correa sen fin, a engrenaxe e a transmisión por cadea, e para reducións superiores, parafusos sen fin, trens de engrenaxes e redutores planetarios, que se compoñen dunha engrenaxe central denominada planetario, dentada exteriormente e duns piñóns intermediarios (tres ou máis), denominados satélites, que van montados nun portasatélites, e que rodan engrenados sobre o planetario e ao mesmo tempo polo interior dunha coroa con dentada interior. Se se bloquea o planetario resulta un tren epicicloidal, mentres que se se fixa a coroa resulta un tren hipocicloidal. Cando o órgano ou a máquina movida ten que funcionar a diferentes velocidades, emprégase especialmente o cambio de marchas e a transmisión por cono de poleas, que consiste en dous xogos de poleas, un sobre a árbore motor e a outra sobre a árbore movida, de maneira que ao desprazar...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos redúvidos.

    2. Insecto da familia dos redúvidos.

    3. Familia de insectos da orde dos heterópteros, de cabeza estreita, ocelos prominentes, con antenas e aparello bucal forte e curvado, situado na parte inferior da cabeza e do protórax. Son terrestres, e inclúe especies depredadoras e cosmopolitas especialmente abundantes nas zonas tropicais, así como un bo número de especies europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto hemíptero que pertence ao xénero Reduvius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de hemípteros, da familia dos redúvidos, que presentan o corpo acastañado e as antenas moi longas. Son insectos que producen picaduras dolorosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Doutorouse en 1944 pola universidade de Nova York e especializouse en física nuclear. Recibiu o Premio Nobel de Física (1995), compartido con M. L. Perl, polo descubrimento da partícula subatómica neutrino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador alemán. Proxectou un gran ciclo de frescos sobre a vida de Carlomagno para a sala da coroación do palacio comunal de Aquisgrán, que acabou Kehren. En 1849 publicou a serie de xilografías Danza dos mortos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviador. Coñecido como o Barón Vermello, foi oficial de cabalaría e xefe de aviación. Destacou como piloto de caza durante a Primeira Guerra Mundial, ascendeu a comandante e xefe de escuadrón, e foi abatido despois de 80 vitorias. Escribiu O piloto vermello (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Analista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e da revista editada por este organismo Tempo Exterior. Ademais é secretario da Fundación Plácido Castro e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Escribiu O conflito dos Balcáns: a ex-Iugoslavia (1994), en colaboración; A conversión de Polonia (1991), Que foi daquel soño? (1992), Galicia e a Sociedade das Nacións (1992), Rusia; das orixes á crise dun modelo (1996), en colaboración; Plácido Ramón Castro del Río (1997), Hong Kong, camiño de volta (1997), China, a próxima superpotencia (1997), China: Superpotencia del siglo XXI? (1997), Cuba: independencia e revolución (1998), China por dentro (1998), Sempre no mundo (2001), Unha escolma xornalística. Plácido R. Castro del Río (2002), Lois Tobío...

    VER O DETALLE DO TERMO