redutor -ra
(< reducir)
-
adx
Que reduce.
-
adx
[ECOL]
Aplícase aos organismos que no seu ciclo biolóxico transforman en materia inorgánica a materia orgánica acumulada por produtores e consumidores.
-
s
m
[ENX]
Dispositivo para reducir o valor dunha tensión. Pode ser un transformador ou ben unha resistencia que provoca a caída de tensión adecuada.
-
s
m
[QUÍM]
Especie que, nunha reacción de oxidación-redución, cede electróns, e oxídase. Os compostos empregados como redutores pertencen a categorías químicas moi diversas: o hidróxeno, moitos hidruros metálicos simples e complexos, diversos catións das valencias inferiores dalgúns elementos metálicos (Sn 2+ , Cr 3+ , Fe 2+ , Ti 3+ e outros) algúns anións (SO 3 2- , S 2 O 4 2- , I - e outros), o carbón, moi empregado en procesos metalúrxicos, e unha variedade de elementos químicos no seu estado libre.
-
azucre redutor
[QUÍM]
Azucre que ten un carbonilo, como a glicosa, a frutosa, a lactosa ou a maltosa, que en determinadas condicións reduce sales cúpricas na análise dos azucres dos alimentos polo método de Fehling e os seus derivados.
-
materia redutora
[QUÍM]
Materia orgánica contida na auga, valorada con permanganato potásico, cunha cantidade que determina un índice de contaminación.
-
redutor de velocidade
[TECNOL]
Transmisión que, sen modificar o réxime da árbore motor, lle confire á árbore movida unha velocidade inferior á daquela. Cómpre destacar a transmisión por correa sen fin, a engrenaxe e a transmisión por cadea, e para reducións superiores, parafusos sen fin, trens de engrenaxes e redutores planetarios, que se compoñen dunha engrenaxe central denominada planetario, dentada exteriormente e duns piñóns intermediarios (tres ou máis), denominados satélites, que van montados nun portasatélites, e que rodan engrenados sobre o planetario e ao mesmo tempo polo interior dunha coroa con dentada interior. Se se bloquea o planetario resulta un tren epicicloidal, mentres que se se fixa a coroa resulta un tren hipocicloidal. Cando o órgano ou a máquina movida ten que funcionar a diferentes velocidades, emprégase especialmente o cambio de marchas e a transmisión por cono de poleas, que consiste en dous xogos de poleas, un sobre a árbore motor e a outra sobre a árbore movida, de maneira que ao desprazar paralelamente estas árbores a correa, o cable, etc, por un extremo pasa a poleas de maior diámetro e por outro a poleas de menor diámetro.