"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor italiano. Coñecido como Daniele da Volterra, foi discípulo en Siena de Il Sodoma e Domenico Beccafumi, e despois recibiu a influencia de Michelangelo Buonarroti. Das súas obras destaca Deposizione (1541) e a decoración da sala rexia do Vaticano iniciada por Pierino del Vaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. De orixe galega, formouse nos conventos de Salamanca e Valladolid e dedicouse ao ensino. Desde 1808 foi prior do convento salmantino. En 1815 recibiu o título de xeral da Orde co maxisterio en Teoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Estudou nas universidades de Santiago de Compostela, Madrid, Xenebra e París. Profesor numerario de química industrial e orgánica na Escuela Central de Artes e Industria, formou parte do cómite internacional para a publicación das táboas físico-químicas. Escribiu artigos científicos en revistas especializadas e as obras La Radiofonía (1883), La noción del cuerpo simple en la Química moderna (1884) e Las disoluciones sólidas (1906-1907). Foi académico numerario da Real Academia de Ciencias de Madrid e correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario da comunicación. Presidente do Grupo Abaira, traballou en Radio Juventud (1958) e RNE (1963) para fundar e dirixir Radio Centro (1968). Presentador na TVG, cofundou a empresa Centro de Comunicación (1981) e Estudios Abaira (1989), xermolo do Grupo Abaira (Estudios Abaira, Abaira Publicidad, Matinha Estudios de Som de Portugal, Abrente Soluciones Audiovisuales e Línea de Fuego). Vicepresidente do Grupo Bosques Naturales e do Centro Gallego de Madrid, recibiu a distinción Madrigallego de Oro, concedido pola Enxebre Orde da Vieira (2001), e a Medalla de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mineiro e sindicalista. Coñecido como Curuxás ou Varela, está considerado o último maquis galego. Traballou nas Minas de San Fins (Lousame) e pertenceu ao seu Sindicato Minero. Antigo lexionario, a súa primeira acción de envergadura foi roubar a nómina da mina no aniversario da proclamación da Segunda República Española, o 14 de Abril de 1937. Desde 1941 vinculouse a un pequeno grupo unido ás sociedades agrarias e obreiras polas comarcas da Ulloa, do Barbanza e do concello da Agolada, e colaborou ás veces cos restos do Grupo Neira ou coa IV Agrupación do Exército Guerrilleiro. A partir de 1947, coa recomendación do abandono das armas por parte da CNT, viviu na clandestinidade refuxiado entre os campesiños de Vilamor, ata o seu falecemento por morte natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e escritor. Considerado o mellor poeta valenciano da segunda metade do s XV, elaborou historias de santos, como as de santa Ana e Madalena, fábulas mitolóxicas e a súa balada da pega e a merla, unha das pezas máis destacadas da lírica catalá. Traduciu a Vita Christi de Ludolf de Saxonia e imprimiu unha versión literal dos Salmos feita sobre a Vulgata. En prosa cómpre salientar a brevísima Traxedia de Caldesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano. Catedrático das universidades de La Sapienza de Roma, Trieste e Pavia, publicou diferentes estudos sobre filoloxía románica: edicións críticas como Teseida de Boccaccio (1941) e Chanson de Roland (1947); crestomatías como Poesie d’amore spagnole (1963) e Antologia delle letterature d’oc e d’oïl (1973); manuais como La lingua dei trovatori (1965) e La lingua d’oïl (1971), ademais de sínteses históricas e ensaios de crítica textual e interpretativa, e historia da versificación e da erudición. Foi presidente da Société de Linguistique Romane (1983-1986) e vicepresidente da Union Académique Internationale (1985-1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, de ata 15 cm de altura, follas en roseta basal, pecioladas e limbo circular, inflorescencias en cimas racemiformes con flores pentámeras de cor branca e froito en cápsula ovalada. As flores ábresen durante un tempo limitado, xeralmente só unhas horas ao comezo da tarde. Florece entre xuño e setembro en brañas e lugares húmidos. É unha planta insectívora que atrapa pequenos insectos e segrega uns enzimas para dixerilos. Emprégase coma planta medicinal. OBS: Tamén recibe este nome a especie Drosera intermedia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formouse no Seminario de Mondoñedo (1946-1954) e licenciouse en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca (1958). Ordenado sacerdote en 1959, doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade de Múnic (1964). Foi profesor no Seminario de Mondoñedo (1964-1966), no Instituto de Dereito Canónico da Universidade de Múnic (1969-1969) e na Universidad Pontificia de Salamanca (1971-1976), da que foi vicerreitor (1972-1976). Bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1974) e titular de Gergi (1974), foi arcebispo de Santiago de Compostela (1984-1994) e desde 1994 arcebispo de Madrid. En 1998 converteuse en cardeal coa titularidade de San Lorenzo in Damaso. Presidiu a Conferencia Episcopal Española (1999-2005). Colaborador en diversas publicacións sobre temas relativos á fundamentación teolóxica do dereito canónico e as relacións da Igrexa co Estado, publicou Saat und Kirche im Spanien des XVI (Estado e Igrexa na España do s XVI, 1965), Sacramento e diritto: antinomia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Impulsor da cultura checa e teorizador da súa literatura, inscribiuse dentro da corrente romántica. Contribuíu á difusión da filosofía de Hegel no seu país. Das súas obras destacan Poesías (1841), o libro de relatos O sepultureiro (1837), a novela Fillos da luz (1863) e o ensaio O comunismo espiritual (1861).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baile rápido de orixe italiana, de movementos animados, normalmente en compás de 6/8 e, ás veces, 3/4. Aínda que data do s XIV, tivo o seu esplendor no XVI. A miúdo formaba un binomio cunha danza lenta ou moderada de ritmo binario, como a pavana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente deportivo e diplomático. Seleccionador nacional de hockey a patíns, foi presidente da federación española deste deporte e do Comité Olímpico Español (1967-1970). Membro do Comité Olímpico Internacional desde 1966, foi o seu vicepresidente (1974-1978) e presidente (1980-2001), durante cuxo mandato Barcelona foi elixida (1986) para organizar os Xogos Olímpicos de 1992. Presidiu a Deputación de Barcelona (1973-1977) e foi embaixador na Unión Soviética (1977-1980). Foi presidente da Caixa de Pensions (1987-1999), que baixo o seu mandato pasou a ser a Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias (20.247 h [2001]). É un destacado centro mineiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Profesor de hixiene en Roma, especializouse en bacterioloxía e descubriu o bacilo que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.188 h [2001]). Ten cultivos de secaño, forraxe, cereais e patacas, e cría de gando porcino. A industria tradicional traballa a elaboración de la e o proceso con torno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (1.806 h [2001]). Desde o s XIX as actividades agrícolas foron desprazadas polas industrias téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e pedagogo. Participou na fundación de Esquerra Republicana de Catalunya e foi deputado en Cortes en varias lexislaturas, ministro de Comunicacións (1933), primeiro conselleiro da Generalitat e presidente do Consell de Treball. Dirixiu a Normal de la Generalitat. Escribiu Lo que puede hacer el magisterio por la cultura (1916) e La interpretación materialista de la historia (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que corresponde á forma diminutiva de Sar, que deriva do céltico ou precéltico sar ‘corrente de auga’.

    VER O DETALLE DO TERMO