Rouco Varela, Antonio María

Rouco Varela, Antonio María

Eclesiástico. Formouse no Seminario de Mondoñedo (1946-1954) e licenciouse en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca (1958). Ordenado sacerdote en 1959, doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade de Múnic (1964). Foi profesor no Seminario de Mondoñedo (1964-1966), no Instituto de Dereito Canónico da Universidade de Múnic (1969-1969) e na Universidad Pontificia de Salamanca (1971-1976), da que foi vicerreitor (1972-1976). Bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1974) e titular de Gergi (1974), foi arcebispo de Santiago de Compostela (1984-1994) e desde 1994 arcebispo de Madrid. En 1998 converteuse en cardeal coa titularidade de San Lorenzo in Damaso. Presidiu a Conferencia Episcopal Española (1999-2005). Colaborador en diversas publicacións sobre temas relativos á fundamentación teolóxica do dereito canónico e as relacións da Igrexa co Estado, publicou Saat und Kirche im Spanien des XVI (Estado e Igrexa na España do s XVI, 1965), Sacramento e diritto: antinomia nella Chiesa (1972), con E. Corecco, e Relaciones Iglesia-Estado en la España del siglo XXI (1996). É académico de número da Real Academia Española de Ciencias Morales y Políticas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vilalba