"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • CIDADES

    Cidade do departamento de Val-d’Oise, Francia (57.871 h [1999]). Suburbio do N de París, no L do bosque de Montmorency, ten industrias farmacéuticas e de plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apéndice carnoso no pescozo da cabra e outros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laxe baixo a advocación de san Amedio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias Gram-positivas que se caracterizan por ter forma de coco e carecer de esporas. Existen formas aerobias e anaerobias; algúns troncos son móbiles e preséntanse en grupos de 8 elementos (colonias pigmentadas). Son frecuentes como contaminantes. As formas anaerobias habitan no solo e as aerobias na pel. Inclúe especies saprófitas e parasitas facultativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘carne’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mesocarpo carnoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumoración do testículo e do epidídimo, independentemente da súa natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia tóxica que segregan os protozoos sarcosporídeos parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación quística que pode presentarse no tecido muscular dalgúns animais, como por exemplo o porco, os ruminantes e o cabalo, a consecuencia da parasitación de sarcosporídeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goma resina exsudada por Astragalus sarcocolla, arbusto de Persia e Arabia. Empregábase antigamente polos médicos destes países para “facer crecer” a carne das úlceras, chagas e feridas aplicándoa directamente sobre a ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas perennes, da familia das quenopodiáceas, formada por plantas de talos carnosos e flores hermafroditas dispostas en fascículos de tres. En Galicia está presente a especie S. perennis, que crece en praias e marismas, e florece entre xullo e agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sarcodinos.

    2. Protozoo do subfilo dos sarcodinos.

    3. Subfilo de protozoos sarcomastigóforos, formado por individuos unicelulares que se desprazan mediante pseudópodos. Inclúe a superclase dos rizópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das hidnáceas, ao que pertence a lingua de ovella moura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arca sepulcral feita para conter un cadáver e utilizada en íntima relación co culto dos mortos e cos ritos funerarios da inhumación. Desde a prehistoria fabricáronse de diferentes materiais, formas e decoracións. A maioría dos que se conservan son de pedra ou terra cocida e domina a forma prismática rectangular. En Exipto tamén eran antropomorfos e adoitaban levar inscricións xeroglíficas, motivos arquitectónicos e xeométricos. En Creta, en época minoica, eran de forma de paralelepípeda e ían decorados con motivos naturalistas. En Chipre (s V a C) eran de pedra esculpida, con patas e historiados. Os fenicios difundiron o tipo de sarcófago antropoide que imitaba a forma do cadáver estendido e reproducía a máscara na tapa. Entre os sarcófagos romanos dominou o tipo prismático de mármore con relevos, que acumulaba tanto a tradición grega como a etrusca e iconograficamente reflectía o repertorio habitual do helenismo, a miúdo acompañando o retrato do defunto. Os sarcófagos do cristianismo primitivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor carnoso semellantes ao sarcoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade inflamatoria crónica, de etioloxía indeterminada, caracterizada pola formación de proliferacións retículo-histiocitáreas (como gránulos de millo, cun granuloma epitelioide no interior) cutáneas, ganglionares, glandulares, óseas ou pulmonares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aíña elástica que contén un fascículo muscular elemental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumor maligno do tecido conxuntivo e de sostemento. Segundo a estrutura pódense distinguir diferentes tipos: fibrosarcoma, de estrutura fibrosa; mixosarcoma, de estrutura mucosa; miosarcoma, de estrutura muscular; e reticulosarcoma, de estrutura linforeticular.

    2. Neoplasia pigmentaria de evolución clínica maligna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sarcomastigóforos.

    2. Protozoo do filo dos sarcomastigóforos.

    3. Filo de protozoos unicelulares ou coloniais, autótrofos ou heterótrofos, que se desprazan mediante flaxelos, pseudópodos ou cos dous. Comprende amebas, flaxeladas e opalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado morboso que se caracteriza pola formación de sarcomas múltiples.

    VER O DETALLE DO TERMO