"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de amontoar ou amontoarse.
-
-
Poñer unhas cousas sobre outras, sen ningunha orde.
-
Aglomerar un gran número e cantidade de persoas, animais ou cousas.
-
Amorearse unha serie de cartos, coñecementos, datos ou cousas, abondosamente.
-
Xuntarse nun gran número unha serie de persoas, animais ou cousas.
-
Acumular a roupa a xeito de monte.
-
-
PERSOEIRO
Físico francés. Está considerado o precursor dos traballos de Gay-Lussac ao afirmar, un século antes ca el, a existencia dun estado de repouso absoluto localizado a unha temperatura equivalente a uns -240° da escala Celsius. Precursor, tamén, de Coulomb no estudo da resistencia ao frotamento entre dous corpos. Mellorou a exactitude dos aparellos existentes para medir presións e temperaturas. Converteuse en membro da Académie des Sciencies no ano 1699.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Foi redactor de El emancipador Gallego (1840), publicación que defendía a liberdade de ensino. Ademais foi alcalde de Santiago de 1865 a 1867. Publicou Curso de Economía política (1840) e unha serie de artigos titulados, “Sobre foros y censos de Galicia”, publicados en El Correo de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Membro da Asociación Amigos de los Pazos dende 1979 e vicepresidente da mesma. É responsable, xunto co Presidente da Asociación Juan-Manuel López Chaves Meléndez, do Inventario de Pazos y Torres da provincia de Pontevedra, unha colección de libros que recollen, catalogados por bisbarras, a maior parte dos pazos, torres, pousadas, quintas e casas fidalgas. É autor do opúsculo Los pazos agrícolas (1995), pequeno introito dunha obra máis completa na que vén traballando co tamén membro da asociación Carlos del Río Bouzas. Investigador no campo da heráldica e da xeneoloxía, sobresaen os seus traballos sobre o cóengo da S.I.C. de Santiago Ánxo María Amor Ruibal e sobre a ascendencia galega de Simón Bolívar o Libertador. Conferenciante no campo do Patrimonio Artístico e Popular de Galicia e difusor do Camiño Portugués do Norte, así como ilustrador de distintas publicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tenente de Infantería de Mariña e logo revisteiro do arsenal Militar de Ferrol. Ostentou o cargo de vocal-directivo da Sociedade musical Airiños da Miña Terra de Ferrol, cofundador en 1914 e primeiro secretario do Coro Toxos e Froles sendo figura clave deste durante moitos anos xunto co gaiteiro Manuel Lorenzo. Destacado traballador e defensor do folclore e a cultura galega a través de diversas manifestacións, mantivo relación con grandes figuras da súa época (Perfecto Feijóo, Rey Soto, irmáns Carré, etc). En relación coa súa profesión, publicou en 1907 Formularios prácticos con sujección a la Ley de Enjuiciamiento Militar de Marina. No arquivo do Real Coro Toxos e Froles consérvanse varias obras teatrais en galego (manuscritos) da súa autoría que foron representadas no teatro Jofre de Ferrol: A Fiada (1920), logo titulada N’a fiada; Dous amores (1923); Pedriño ou para mariñeiros nós (1933); nestas representacións escénicas, a través do coro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequenos asteroides que teñen unhas órbitas que se entrecruzan coas do planeta Marte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘namoramento’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘amor’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de amordazar.
-
-
Acción e efecto de amorear ou amorearse.
-
Acción e efecto de amorear materiais. As moreas demasiado grosas poden provocar solidificacións e caldeos internos; así tratándose de carbón fragmentado, non pasan de 5 m de altura, para non provocar a súa combustión espontánea.
-
Acción de dispoñer a madeira en moreas para que cando se seque ao aire libre, non se estrague por podremia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de amortallar.
-
-
Acción e efecto de amortecer ou amortecerse.
-
Acción e efecto de reducir progresivamente a oscilación dun sistema ata anulala. O amortecemento prodúcese polo frotamento interno da estrutura dos materiais que se deforman, polo frotamento entre pezas con movementos relativos entre elas (amortecemento de Coulomb), polas correntes parasitas que se xeran nun sistema que se move nun campo magnético, ou pola resistencia que presenta un conduto de sección controlada ao paso dun fluído (amortecemento viscoso). Nun sistema sometido a amortecemento viscoso, a resposta a un estímulo brusco permite clasificar o amortecemento en tres tipos: amortecemento crítico, se a resposta do sistema se estabiliza no menor tempo posible sen se producir oscilación, amortecemento subcrítico, en caso de que se produzan oscilacións, e amortecemento hipercrítico, se o tempo de estabilización é superior ao crítico.
-
O número ξ que expresa a relación entre o coeficiente de amortecemento ρ e o coeficiente de amortecemento crítico ρ c . Segundo isto, considérase que cando ξ>1 é amortecemento hipercrítico, cando ξ=1 é amortecemento crítico, e cando ξ<1 é amortecemento subcrítico.
-
Coeficiente que caracteriza o comportamento do elemento amortecedor.
-
Medida do amortecemento expresada polo cociente sen signo entre as amplitudes de dúas semioscilacións consecutivas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de amotinar ou amotinarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán dos Andes centrais, no Perú, na cordilleira occidental (6.300 m).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto ao que se lle atribúe poderes sobrenaturais e máxicos como os de protexer contra o mal de ollo, os espíritos, os meigallos, a mala sorte e todo tipo de desgracias. Acostumánse levar pendurados no colo, nos petos, en bolsiñas e prendidos na roupa interior, cando son de protección individual; cando o seu fin é protexer unha casa, colócanse detrás das portas e á entrada das hortas ou cortes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera composto formado como resultado dun proceso anabólico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Ảνάκλετος ‘invocado’, derivado de ἀ νακλέω ‘invocar, berrar’, ou mellor de Ảν ένκλετος ‘libre de toda culpa, irreprensible’. Santo Anacleto (s I) de Atenas aparece tamén na lista dos papas co nome de Cleto, forma abreviada con aférese do nome completo.
-
PERSOEIRO
Nado en Atenas, foi o terceiro Papa (79-91) despois de san Pedro e san Lino e morreu lapidado en Roma baixo o goberno de Diocleciano; enterrárono onda san Pedro. A súa festividade celébrase o 13 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción gramatical na que a segunda parte non concorda sintacticamente coa primeira e está máis en consonancia co que pensa naquel momento o que fala ou escribe, que coa concordancia sintáctica.