amortecemento
(< amortecer)
-
s
m
Acción e efecto de amortecer ou amortecerse.
Ex: Este mecanismo permite que se produza o amortecemento nesa máquina.
-
s
m
[TECNOL]
Acción e efecto de reducir progresivamente a oscilación dun sistema ata anulala. O amortecemento prodúcese polo frotamento interno da estrutura dos materiais que se deforman, polo frotamento entre pezas con movementos relativos entre elas (amortecemento de Coulomb), polas correntes parasitas que se xeran nun sistema que se move nun campo magnético, ou pola resistencia que presenta un conduto de sección controlada ao paso dun fluído (amortecemento viscoso). Nun sistema sometido a amortecemento viscoso, a resposta a un estímulo brusco permite clasificar o amortecemento en tres tipos: amortecemento crítico, se a resposta do sistema se estabiliza no menor tempo posible sen se producir oscilación, amortecemento subcrítico, en caso de que se produzan oscilacións, e amortecemento hipercrítico, se o tempo de estabilización é superior ao crítico.
-
amortecemento relativo
[AUTOM]
O número ξ que expresa a relación entre o coeficiente de amortecemento ρ e o coeficiente de amortecemento crítico ρ c . Segundo isto, considérase que cando ξ>1 é amortecemento hipercrítico, cando ξ=1 é amortecemento crítico, e cando ξ<1 é amortecemento subcrítico.
-
coeficiente de amortecemento
Coeficiente que caracteriza o comportamento do elemento amortecedor.
-
factor de amortecemento
Medida do amortecemento expresada polo cociente sen signo entre as amplitudes de dúas semioscilacións consecutivas.