"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Escritor, crítico e pensador ruso. Filósofo de corte vitalista, considérase un simbolista. Crítico do cristianismo, pero non da relixión, pensaba nunha relixión natural en que o sexo, fronte ao amor, á familia e á activade vital, era o centro. Escribiu Legenda o velikom inkvizitore F. M. Dostojevskogo (A lenda do grande inquisidor de F. M. Dostojevskij’, 1894), Tjomnyj lik (O rostro escuro, 1911), Opavšije list’ja (As follas caídas, 1913-1915) e Apokalipsis našego vremeni (A apocalipse do noso tempo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Dirixiu o Teatro Bolšoj (1964-1979), a Ópera de cámara de Moscova, fundada por el mesmo en 1974, a Filharmónica de Estocolmo (1974-1977; e desde 1991) e a orquestra da BBC (1978-1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Seguidor da poesía publicista, das súas obras destacan Flagi vesny (Bandeiras de primavera, 1955), Neobycajnye ostrova (Illas non vulgares, 1962), Radar serca (Radar do corazón, 1971) e Golos Goroda (A voz da cidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor. Arquitecto técnico, o seu interese polo cine remóntase aos seus anos de estudante. Figura clave do cine galego da década de 1970, foi o produtor de sete películas, entre elas, Malapata (1980), de C. López Piñeiro, a primeira e pouco afortunada longametraxe galega. Foi tamén director do Festival de Cine de Humor de La Coruña (1979), e socio da cadea de exhibición propietaria dos cines Valle-Inclán de Santiago de Compostela, e Alphabille de Madrid, e das distribuidoras Musidora e Videogram.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e enxeñeiro ruso. Coñecido como A. N. Aronov, escribiu diversos contos e relatos para rapaces. Interesouse polos aspectos morais e éticos da persoa, e as relacións entre o home e a sociedade. Destaca a triloxía Os fillos de Arbat, O terror e A area pesada, e a súa novela de posguerra Os condutores (1950) obtivo o Premio Estatal 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora inglesa. Formou parte do grupo de Bloomsbury. Da súa obra destaca o poemario The land (1926), as novelas The Edwardians’(1930) e All Passion Spent (1931), e as biografías noveladas The Eagle and the Dove (1943) e Daughter of France (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. A súa obra pon de manifesto a influencia de V. G. Belinskij, dos socialistas utópicos franceses e de M. V. Petraševskij. Dos seus escritos destacan Gubernskie očerki (Artigos de provincias, 1856) e Gospoda Golovl’ovy (Os señores Golovliovi, 1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor. En 1809 asociouse con Pere J. Mallén e iniciou un negocio de libraría, que expandiu a moitos países. Introdutor de Rousseau, Chateaubriand e Saint-Pierre en España, durante o Trienio Liberal foi elixido deputado a cortes por València (1822-1823). Como secretario do Congreso de los Diputados defendeu a liberdade de imprenta e os dereitos de autor. En 1824 abriu en Londres a Spanish and Classical Library. Foi profesor do Ateneo Español e colaborou con Andrés Bello. Redactou unha Gramática de la lengua castellana (1830) e un Nuevo dicionario de la lengua castellana (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escenógrafo ruso. Coñecido como Leon Baks, foi un dos fundadores do grupo Mir Isskusstva que se opoñía ao realismo dos Ambulantes. Incorporouse aos Ballets Rusos de D’agilev e realizou os decorados e figurinos de L’Oiseau de feu e Shéhérezade (1910) e La belle au bois dormant (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor e produtor musical. Coñecido como Víctor Manuel, fundou a produtora Ion Música (1987), coa que editou diversos discos en solitario e coa súa muller, a cantante Ana Belén. Da súa discografía destacan Víctor Manuel (1969), Soy un corazón tendido al sol (1979), Mucho más que dos (1993), El Hijo del Ferroviario (2001), Dos en la carretera (2002) e El perro del garaje (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilaúxe (Chantada). O seu cumio acada os 623 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mar Cantábrico, situada na entrada da enseada de Ladrido, na parroquia de Ladrido (Ortigueira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa das Pequenas Antillas que, xunto coas Granadinas setentrionais, constitúe o estado de San Vicente e as Granadinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Verdugo, que nace na parroquia de Ponte Caldelas e desemboca na de Taboadelo (Ponte Caldelas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de El Salvador (1.184 km2; 155.265 h [estim 1997]). A súa capital é San Vicente (45.842 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Badajoz, Extremadura, situado próximo á fronteira con Portugal (5.861 h [2001]). Ten industria derivada da cortiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Aranga baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado na ría de San Vicente e drenado polo río Gandarilla (4.391 h [2001]). É un porto pesqueiro e turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO