Ruppen Pardo, Víctor

Ruppen Pardo, Víctor

Produtor. Arquitecto técnico, o seu interese polo cine remóntase aos seus anos de estudante. Figura clave do cine galego da década de 1970, foi o produtor de sete películas, entre elas, Malapata (1980), de C. López Piñeiro, a primeira e pouco afortunada longametraxe galega. Foi tamén director do Festival de Cine de Humor de La Coruña (1979), e socio da cadea de exhibición propietaria dos cines Valle-Inclán de Santiago de Compostela, e Alphabille de Madrid, e das distribuidoras Musidora e Videogram.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña