"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. Comezou a súa produción coa novela All the Conspirators (1928), aínda que a fama lle chegou con Mr. Norris Changes Trains (1935). Desta obra e de Goodbye to Berlin (1939) xurdiu o guión do filme Cabaret (1972). Nacionalizado estadounidense desde 1940, traballou como guionista cinematográfico. Xunto co poeta Auden escribiu obras teatrais influídas polo expresionismo alemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir cristián. Foi de Alexandría á illa de Khíos, onde bautizou as mulleres e sufriu a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 15 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeómetra. Traballou como arquitecto xunto con Antemio de Tralles na construción de Santa Sofía de Constantinopla, consagrada en 537. Houbo outro mestre coñecido como Isidoro o Novo, que reconstruíu a cúpula de Santa Sofía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Sevilla 560? - 636) Doutor da Igrexa e arcebispo de Sevilla (601-636). Era irmán de san Leandro, a quen lle serviu de titor e mestre, e do que herdou o arcebispado. Compilador e sistematizador da ciencia antiga, foi un dos principais mestres da Europa medieval latina. Presidiu distintos concilios en Sevilla e Toledo, organizou bibliotecas e ordenou a liturxia hispamo-visigoda. Autor de numerosas obras, a de maior relevancia foi Etymologiae, obra enciclopédica que comprendía o saber humano da época. Tamén destacan Historia Gothorum Vandalorum Sueborum, Setentiae e Regula monachorum. As súas reliquias trasladáronse a León onde recibe culto desde o s XI. É patrón das facultades de Filoloxía, Xeografía e Historia, Filosofía e Ciencias da Educación. Na iconografía viste de pontifical con casula ancha e sagrado palio, ás veces coa mitra na cabeza, e leva como atributos: un báculo da tripla cruz arcebispal, un libro aberto e unha colmea....
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 1070? - 1130) Humilde labrego. Casou cunha campesiña, María da Cabeza, que chegaría tamén a ser santa. Canonizado por Gregorio XV (1622), promocionou o seu culto o Rei Carlos III o Político durante a segunda metade do s XVIII, por ser o patrón da capital de España, ademais de ter tamén o padroado dos labregos e da facultade de Enxeñería Técnica Agrícola. Na iconografía viste o traxe tradicional dos labregos casteláns, con chaqueta e calzón curto, e como atributo persoal leva un arado tirado por unha xugada de bois ou vacas, en actitude de oración. Santo Isidro é patrón dos concellos de Boimorto, Frades, Mesía, O Incio, O Rosal, Oza dos Ríos, Rois, Toques e Triacastela. A súa festividade celébrase o 15 de maio, agás no concello de Tordoia, onde se celebra o 20 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída en Vigo en 1987. Presidida por Xaime Isla Couto, os seus fins son a colaboración coa Fundación Penzol na dotación dunha biblioteca interdisciplinar de ciencias humanas e sociais, a creación dun Instituto Galego de Estudios Comunitarios, e prestar axuda nas tarefas de inculcación dos valores cristiáns na sociedade.
-
GALICIA
Político, economista e editor. Foi doutor e catedrático emérito en Dereito e Economía da Empresa, profesor no Colexio Universitario de Vigo e na Universidade de Santiago de Compostela. Nos seus tempos de estudante integrouse na Asemblea das Irmandades da Fala da Coruña e participou na creación do Grupo Autonomista de Vigo. En 1934 foi un dos fundadores da Federación de Mocedades Galeguistas (FMG) e formou parte do Seminario de Estudos Galegos. Foi secretario técnico do Partido Galeguista (PG) na clandestinidade. Liderou a Unión Democrática de Galicia (1975) que en 1976 foi unha das creadoras do Partido Popular Galego (PPG), do que foi presidente. Pertenceu a Acción Católica e foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, da que é o seu presidente, da revista Grial e da editorial SEPT. Dirixiu a Revista de Economía de Galicia e a Revista Galega de Estudios Agrarios. Membro do padroado da Fundación Penzol, presidiu o Instituto Galego de Estudios Económicos e foi fundador...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xesuíta. Coñecido como Padre Isla, é autor de numerosas obras satíricas, como Historia del famoso predicador Fray Gerundio de Campazas, publicada en dúas partes (1758 e 1770) e condenada pola Inquisición en 1760. Ao ser expulsado dos xesuítas, residiu en Boloña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Micotoxina illada do Penicillum islandicum que pode contaminar o arroz e causar intoxicacións alimentarias que lle afecten ao fígado.
-
CIDADES
Cidade Inglaterra, que se corresponde cun dos 32 distritos do Gran Londres desde 1986 (169.500 h [1989]). É un centro residencial que conta con industrias de material electrónico e de confección.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos lugares de igual profundidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido isociánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta todos os flaxelos iguais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transplante no que o doador e o receptor son da mesma especie e xenéticamente iguais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos gametos idénticos que interveñen na isogamia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á liña isohieta.
-
-
Que ten igual ton ou tensión.
-
-
Que ten a mesma presión osmótica.
-
Aplícase ao líquido inxectable a presión osmótica que é igual á do sangue, ou, no caso dos colirios, á do líquido lacrimal.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a cada un dos núcleos atómicos constituídos polo mesmo número de neutróns.
-
-
Calidade dun elemento químico de posuír isótopos diversos.
-
Característica dunha unidade semántica que permite entender un discurso coma un todo significativo. A isotopía aplica o concepto de recorrencia da semántica textual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos isótopos.