"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Cada un dos átomos que teñen no núcleo o mesmo número de protóns, pero diferente número de neutróns. Foron descubertos ao estudar as substancias radioactivas naturais. F. Soddy, en 1911, propuxo o nome de isótopo. A maioría dos elementos naturais están formados por diversos isótopos, que se clasifican en estables, cunha media de vida de 3.000 millóns de anos, e inestables ou radioactivos, que emiten radiacións e que se converten noutros isótopos ou elementos. Estes últimos empréganse na obtención de enerxía

    2. Cada un dos núcleos dos átomos isótopos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celebración declarada de interese histórico-artístico, que se leva a cabo en Ribadavia o último sábado do mes de agosto. Existen documentos de finais do      s XVIII que xa citan esta festividade, que se deixou de celebrar en 1868 e que grazas a un estudoso da historia de Ribadavia e ao traballo da Escola Taller “San Andrés” foi recuperada en 1989. Esta tradicional actividade é froito dunha recuperación histórica. O documento máis determinante encontrouse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nun atado que data de 1693 e que pertence ao libro de contas dos procuradores xerais da vila. A actual versión é unha translación no tempo da que se celebraba nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, patroa do Ribeiro. A organización é responsabilidade dun amplo colectivo veciñal que se renova cada ano, e que se denomina Asociación Coordinadora da Festa da Istoria. O seu obxectivo é manter o rigor histórico e respectar as actividades coma no medievo, contribuíndo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe fósil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Chartres, discípulo de Lanfranco na abadía de Bec. Por se enfrontar ao rei Filipe I de Francia, que repudiara a súa muller, foi encarcerado. É patrón dos avogados e a súa festividade celébrase o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote bretón. Estudiou dereito en París e Orléans. Rexentou o curato de Trédrez, onde defendeu gratuitamente a orfos e mendigos. En 1284 foi ordenado sacerdote e renunciou ao seu oficio de xuíz. Patrón dos procuradores, dos xuristas e dos pobres cando teñen preitos, a súa festividade celébrase o 19 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, no val do río Guadalquivir (2.489 h [2001]). Ten industrias de elaboración de aceite de oliva. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo de Las Huelgas ou de Esquivel, declarado Ben de Interese Cultural en 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús en 1905 e posteriormente trasladouse á Guarda, como profesor no colexio de Camposancos. Realizou e dirixiu numerosas escavacións arqueolóxicas en Galicia e Portugal como as do castro de Oia, Santa Tegra, Estoril (1932 e 1934) e a escavación sistemática da citania de Sanfins de Paços de Ferreira (1944). Presidente da Associação dos Arqueólogos Portugueses, dirixiu a revista Broteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da illa de Saint Helena, colonia británica do Atlántico Sudoriental (1.500 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político polaco. Afiliado ao Partido Comunista desde 1947, foi ministro de Defensa (1968-1981), membro do Politburó do Polska Zjednoczona Partia Robotnicza (Partido Obreiro Unificado Polaco, PZPR) (1971-1981) e, en 1981, foi nomeado primeiro ministro. O 13 de decembro daquel mesmo ano decretou a lei marcial, formou un consello militar e suspendeu as actividades dos sindicatos libres. En 1985 deixou o cargo de primeiro ministro e foi nomeado xefe de estado. A oposición popular ao seu goberno e o proceso aperturista da URSS levárono a acordar unha reforma constitucional, a legalizar Solidarność e a convocar eleccións multipartidistas (1990), nas que obtivo a vitoria Lech Waéęsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi colexial de Fonseca, catedrático de Prima de Leis (1677) e de Prima de Cánons (1678) na Univesidade de Santiago de Compostela. En 1681 nomeárono cóengo catedralicio de Mondoñedo. Posteriormente, ocupou os cargos de chantre e bispo auxiliar da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Colaborou como debuxante en diversas publicacións e cultivou os temas clásicos, a pintura de historia, as escenas costumistas e, sobre todo, o retrato. Das súas obras destacan María Pita, El gaitero, El pescador, El pobre e El rico. Recibiu a medalla de prata nas exposicións rexionais de Santiago de Compostela (1875) e da Coruña (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista búlgaro. Coñecido como Christo, creou unha obra significativa mediante os embalados de diversas cousas, idea que trasladou ata os espacios naturais, facendo deste xeito unha obra próxima á land art. Entre outros proxectos destacan o realizado nas costas de Australia (1969), as Surrounded Islands en Florida (1983) e os empaquetados do Pont Neuf de París (1985) e do Reichstag de Berlín (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo e escritor ruso. Foi autor dunha serie de narracións de aventuras e ciencia-fición, nas que confronta a intelixencia humana cos segredos da natureza, como P’at’ rumbov (Os cinco rumbos, 1944) e Belyj rog (O corno branco, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jesús Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista dinamarqués. Investigou especialmente a fonética (Fonetik, 1897) e a lingüística xeral (Language, its Nature, Development and Origin, 1922). Influíu na renovación do ensino das linguas modernas (Sprogundervisning, O ensino dos idiomas, 1901). Interesouse polas linguas artificiais e inventou o novial (An International Language, 1928; Novial Lexike, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Antonia Pereira do Campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Crimea, Ucraína (105.693 h [1999]). Situada na costa do Mar Negro, é unha cidade balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista brasileiro. Foi un dos principais impulsores da renovación da música popular de Brasil, que na década de 1960 desembocou na bossa nova. Moitas das súas composicións, entre elas Garota de Ipanema, fixéronse famosas en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Estudiou pintura na Académie Julian de París. Destacou polas súas imaxes sobre a educación e a política en EE UU. Foi   membro da sociedade Photo-Secession, a partir de 1920 dedicouse á fotografía en cor. Participou na Exposición Universal de París de 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO