Jaruzelski, Wojciech Witold
Jaruzelski, Wojciech Witold
Militar e político polaco. Afiliado ao Partido Comunista desde 1947, foi ministro de Defensa (1968-1981), membro do Politburó do Polska Zjednoczona Partia Robotnicza (Partido Obreiro Unificado Polaco, PZPR) (1971-1981) e, en 1981, foi nomeado primeiro ministro. O 13 de decembro daquel mesmo ano decretou a lei marcial, formou un consello militar e suspendeu as actividades dos sindicatos libres. En 1985 deixou o cargo de primeiro ministro e foi nomeado xefe de estado. A oposición popular ao seu goberno e o proceso aperturista da URSS levárono a acordar unha reforma constitucional, a legalizar Solidarność e a convocar eleccións multipartidistas (1990), nas que obtivo a vitoria Lech Waéęsa.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kurów, Lublin