"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (642-653). Fíxose proclamar rei ao destronar a Tulga. Reduciu a nobreza e obtivo do Concilio de Toledo (646) a excomuñón de todos os que conspirasen contra el. En 649 asociou ao trono o seu fillo Recesvinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sofía 1918 - Roma 1993) Baixo búlgaro. Estudiou con R. Stracciari en Roma, onde debutou en 1946 con La Bohème de Pucini. En 1947 cantou Boris Godunov na Scala de Milán , ópera na que se especializou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Varsovia 1941) Realizador cinematográfico. Entre a súas longametraxes, que evidencian un sentido poético e tráxico da vida, destacan Amator (1979), Bez Konca (1984), La double vie de Veronique (1991) e a triloxía das tres cores Trois couleurs, bleu (1992), Trois couleurs, blanc (1993) e Trois couleurs, rouge (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: quilotón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Finlandia, situada ao SL de Turku que ten unha superficie de 575 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Okazaki, Honshū 1924) Xenetista xaponés. Destacou como vangardista da xenética de poboacións. Conseguiu construír, por primeira vez, o modelo matemático de todo o proceso de cambios de frecuencias xenéticas en poboacións finitas, sometidas á selección natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Xamaica e da división homónima (110.000 h [1994]; 643.801 h na aglomeración urbana [1991]). É un importante centro turístico e comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (22 km2; 110.152 h [estim 1999]). A capital é Kingston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (71 km2; 254.300 h [estim 2000]). É unha cidade con funcións portuarias e industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de Surrey, Inglaterra, Reino Unido (136.100 h [1991]). É un dos 32 distritos do Gran Londres. De carácter basicamente residencial, é tamén un centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de San Vicente e as Granadinas (16.151 h [1998]). Situada ao SL do Mar Caribe, forma parte das illas de Barlovento, nas Pequenas Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Río Gallegos, Santa Cruz 25.2.1950 - El Calafate, Buenos Aires 27.10.2010) Político arxentino. Membro do Partido Justicialista, foi gobernador da provincia de Santa Cruz. En 1996 fundou La Corriente Peronista, liña interna do xusticialismo, e desde 2000 dirixe La Corriente, espazo de debate e pensamento político federal. Nas eleccións de 2003 foi elixido presidente de Arxentina, despois do abandono na segunda volta de C. Menem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica fotográfica inventada polo enxeñeiro soviético Sem’on Kirlian, que consiste na colocación dun obxecto para fotografar dentro dun campo eléctrico de alta voltaxe, de xeito que apareza unha sombra de coroa ou auréola ao longo do perfil do obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: matraz de Kitasato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Oguni 1852 - Nakachono 1931) Médico xaponés. Formado na escola alemá de Koch e colaborador de Behring, interveu na obtención dos primeiros soros antitetánico e antidiftérico. Descubriu, ao mesmo tempo ca Yersin, o bacilo da peste bubónica. En Xapón foi creado, no seu honor, o Instituto Kitasato, dedicado ao estudo das enfermidades infecciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Järgerspris, Sjaelland 1849 - Tisvilde, Sjaelland 1900) Químico danés. Investigou sobre o método de determinación do nitróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método empregado para a determinación do nitróxeno amoniacal. Fundaméntase na transformación da substancia nitroxenada en sulfato amónico, por dixestión con ácido sulfúrico. Destílase finalmente o líquido para recoller o amoníaco sobre unha solución valorada dun ácido inorgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Breslau 1885 - Zúric 1973) Director de orquestra alemán. Gracias a Mahler, foi nomeado director da ópera alemá de Praga (1907-1910). Posteriormente, dirixiu a orquestra filharmónica de Los Angeles (1933-1939) e a ópera de Budapest (1947-1950) e gravou moitos discos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Quedlinburg, Saxonia 1724 - Hamburgo 1803) Poeta alemán. Publicou o primeiro volume de Der Messias (1751, versión completa, 1773), poema formado por 20.000 versos, no que domina un lirismo optimista e exultante que influíu en Goethe, Schiller e, sobre todo, Hölderlin. Contribuíu á introdución do hexámetro na poesía alemana. Os versos libres das Oden (Odas, 1771), de influencia pindárica, inclúen temas clásicos tratados cunha óptica nova, que anuncia o romanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1458? - Nuremberg 1513) Impresor alemán. Cara a 1471 estableceuse en Nuremberg, onde se especializou en obras de teoloxía e filosofía escolástica. Representado nas principais cidades europeas, foi o primeiro en posuír unha organización industrial e comercial importante.

    VER O DETALLE DO TERMO