Klopstock, Friedrich Gottlieb

Klopstock, Friedrich Gottlieb

(Quedlinburg, Saxonia 1724 - Hamburgo 1803) Poeta alemán. Publicou o primeiro volume de Der Messias (1751, versión completa, 1773), poema formado por 20.000 versos, no que domina un lirismo optimista e exultante que influíu en Goethe, Schiller e, sobre todo, Hölderlin. Contribuíu á introdución do hexámetro na poesía alemana. Os versos libres das Oden (Odas, 1771), de influencia pindárica, inclúen temas clásicos tratados cunha óptica nova, que anuncia o romanticismo.