Klitzing, Klaus von
Klitzing, Klaus von
(Schoroda, Poznań 1943) Físico. Estudiou na Universidade de Braunschweig e traballou nas de Landsweht e Würzburg, na de Oxford e no laboratorio de investigación de Grenoble. Dirixiu o departamento de física dos sólidos do Instituto Max Planck de Stuttgart. Recibiu o Premio Nobel de Física de 1985 por evidenciar o efecto Hall cuántico.