"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

    1. Tornarse claro algo.

    2. Aparecer a luz do sol pola mañá.

    3. Quedar o ceo limpo de nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación que se distribúe gratuitamente como versión incompleta coa intención de que o usuario compre a versión funcional na súa totalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘velliño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín Informativo que saíu en decembro de 1976 en Vigo. Editouse co gallo da celebración do I Congreso Nacional deste sector, polo que todos os artigos estaban relacionados co acto. Colaboraron nela, entre outros, Carlos García Castro, Miguel Font, Antonio Velloso e Mario Gaviria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama e drenado polo río Guadarrama, situado a 37 km de Madrid (3.558 h [1996]). É un importante centro residencial e de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: cómaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de comparecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comparece.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presentarse alguén diante doutra persoa, especialmente perante o xuíz, voluntariamente ou por orde, para un acto formal en calidade de actor ou de testemuña.

    2. Acudir a algún lugar ou aparecer diante dalgunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista dedicada á investigación e á didáctica que se editou en Ferrol a partir de 1982 e ata 1991 aproximadamente. Subtitulada “Publicación cuatrimestral de Investigación y Didáctica”, os seus directores foron Edelmiro Gil, Javier de Fuentes e José A. Ponte. Tratou temas variados, dende a poesía, a filoloxía ou a heráldica, ata as matemáticas, a informática, o medio ambiente, a bioloxía, a agricultura, a pesca ou a alimentación. Os artigos acostumaban levar bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Corme-Porto, no concello de Ponteceso, situada entre as puntas de Chans, ao O, e da Granxa, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de concilios, celebrados en Braga, que serviron para asesorar a monarquía sueva en materia relixiosa. No primeiro concilio (561) instituíuse este tipo de asemblea como órgano asesor da monarquía sueva de Galicia (Galliciense Regnum), un sistema que foi adoptado polo reino visigodo de Toledo anos despois. No segundo concilio (572) sancionouse a política rexia dos suevos contra o arianismo visigodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa e militar do imperio dos Habsburgo que abranguía os territorios situados entre o mar Adriático e Transilvania. En 1538 organizáronse en Croacia os primeiros confíns, pero a organización definitiva foi obra do príncipe Uxío no s XVIII. Creáronse coa finalidade de impedir a penetración turca e para reprimir unha eventual revolta húngara. Nos territorios establecéronse pobos eslavos que recibiron, a cambio dun servizo activo, un feudo por familia. Coa decadencia do Imperio turco desapareceron de xeito progresivo ao longo do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de contos populares editada polo Centro de Estudios Fingoy en 1963. A primeira edición constaba de 300 relatos recollidos por mestres de primaria dos nenos das súas escolas, aos que animaban para que preguntasen aos seus parentes máis vellos. O material resultante destes traballos transcribiuno e organizouno un equipo dirixido por Ricardo Carballo Calero, no que colaborou Bernardino Graña, daquela bolseiro do Colexio Fingoy. Os textos publicáronse xunto cunha táboa de informantes, na que figuraba o nome do mestre que comunicaba o conto, o da escola que rexentaba, o do neno que proporcionaba o conto e a data do curso no que se recollera. De varios contos incluíronse dúas ou máis variantes, que nalgúns casos chegaron a nove. En 1972 apareceu unha segunda edición con 228 relatos, despois de que se decidira rexistrar só a variante de cada conto que presentase maior interese literario. Así mesmo, resolveuse suprimir os datos relativos aos informantes e axeitar a ortografía dos textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza que cobre a quilla pola parte inferior da nave reforzándoa e protexendo as pezas que van alí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marea que, por diversas causas, segue o sentido oposto ao ordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parede que se constrúe apoiada noutra para reforzala ou para que non permita que pase a humidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parellas de electróns unidos polo intercambio de fonóns virtuais ou imaxinarios que, segundo a teoría BCS, explican o efecto da supercondutividade. Para que os dous electróns estean ligados, a enerxía total da parella ten que estar por debaixo do nivel de Fermi nunha cantidade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO