"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mondoñedo. Foi un priorado beneditino que se reformou no s XX. Consta dunha nave e dunha ábsida con cuberta de madeira. No interior destaca un retablo do s XIX procedente do mosteiro de Vilanova de Lourenzá, coas imaxes de santa María Madanela, san Xosé, santo Antón e o Neno Xesús. Na fachada principal destaca unha espadana de dous corpos e tres vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inspector médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Xornalismo. Foi deputado na lexislatura constituínte (1977-1979) no Congreso de los Diputados pola Unión de Centro Democrático (UCD). Entre outros cargos, exerceu como director da Residencia Sanitaria de Vigo e do Hospital Xeral de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Orden del Mérito Constitucional, a Medalla de Oro Constitucional e a Medalla de Oro da Federación de Baloncesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cousa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción de monte cercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado na covacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno consistente na simulación por parte do home das dores de parto e do comportamento da muller cando dá a luz. Esta simulación prodúcese tralo parto: a nai cédelle o seu lugar no leito ao pai, a quen coida coma se fose o verdadeiro convalecente. A primeira referencia a esta práctica en Galicia ofrécea Estrabón; segundo este autor, nos pobos do norte da Iberia (entre os que inclúe os galaicos), era costume que as mulleres, nada máis dar a luz, cedesen o leito aos seus homes e se dispuxesen a coidalos. No Itinerario descritivo das provincias de España e das súas illas e posesións do Mediterráneo, escrita por Alexander Laborde no 1809, realízase unha referencia explícita á covada en Galicia; este autor aclara que “os galegos dos nosos días (s XIX) distan moito da barbarie dos seus antepasados”. García y Bellido, nun artigo publicado en 1947 nos Cuadernos de Estudios Gallegos, malia que consideraba a covada extinguida, desvelaba que aínda se puideran recoller noticias verídicas sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • coanoflaxelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crisomonadais.

    2. Alga da antiga orde das crisomonadais.

    3. Antiga orde de crisofíceas unicelulares cun flaxelo ou dous (máis raramente tres ou catro), xeralmente desiguais e en parte con bárbulas. Actualmente, están repartidas entre a orde das ocromonadais e a das nomulinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Gabriel García Márquez en 1981. Baseada nun feito real, recrea os acontecementos e circunstancias que rodean un crime, resultado dunha vinganza por unha ofensa de honor. Narra o asasinato do protagonista, Santiago Nasar, por dous irmáns, Pedro e Pablo Vicario, que o consideran responsable da perda da virxindade da súa irmá, Ángela Vicario, que acaba de casar e que é repudiada por Bayardo San Román, forasteiro que chegara á vila meses atrás. Inspirada nos modelos da crónica xornalística e da novela policíaca, é unha historia circular que comeza e remata coa morte do suposto culpable. O narrador preséntase como investigador que tenta aclarar o suceso a partir da reconstrución do período que transcorre desde o remate das celebracións da voda ata a consumación do crime anunciado. Ao longo de cinco capítulos, o narrador-cronista avanza e retrocede na sucesión lóxica dos acontecementos e alterna os seus recordos e as súas impresións posteriores co testemuño dos personaxes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de carreira ciclista que se disputa contrarreloxo sobre un trazado no que predominan os treitos de ascensión a un ou varios portos de montaña de gran dificultade (normalmente de primeira categoría ou de categoría especial). Adoita incluírse como etapa nas grandes voltas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia e concello de Cee que ten o seu cumio a 292 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expedición de carácter relixioso militar que emprenderon os cristiáns contra os musulmáns para reconquistar Terra Santa. O fenómeno das cruzadas estaba relacionado co aumento demográfico do Occidente de Europa, a partir do s XI, coa renovación espiritual, que se conseguiu a partir daquel tempo, e tamén coa busca dun xeito de reorientar a belicosidade da nobreza de Occidente. Desde un punto de vista ideolóxico influíron nas cruzadas o aumento do ritual das peregrinaxes a Terra Santa, que se uniu á necesidade de liberar o sepulcro de Cristo do dominio musulmán durante o s XI, feito que desembocou no concepto de “guerra santa”, entendida como unha peregrinación en armas, baixo o autoridade da Igrexa. Tamén hai que ter presente outros factores, como o papel desempeñado polos emperadores bizantinos, que se nun primeiro momento consideraban as cruzadas como unha axuda contra o perigo turco, máis tarde mostráronse reticentes ante os intentos de reducir Bizancio ao poder romano e ante as vellas...

    2. Expedición de cristiáns contra os musulmáns, como a Reconquista da Península Ibérica; contra os herexes, como a cruzada albixense; ou contra os príncipes separados da disciplina papal, como a cruzada contra o rei de Aragón que arrebatou Sicilia a Carlos de Anjou (1285).

    3. Campaña ou serie de esforzos encamiñados a conseguir un fin importante e xeralmente elevado.

    4. Conxunto de obras da literatura medieval xurdidas baixo o pulo do movemento da defensa combatente da fe cristiá, as cruzadas. Este movemento espiritual emparéntase con outra manifestación de relixiosidade da época, como eran as peregrinacións, de tal xeito que as propias cruzadas se poden definir como peregrinacións militares. Ambas as dúas expresións relixiosas constitúen varios aspectos do amplo movemento de renovación espiritual que sacudiu o Occidente europeo entre os ss XI e XIII. A convulsión social que supuxeron as cruzadas reflectiuse na literatura de modo moi diverso. Por unha banda, na lírica, especialmente na occitana, onde deu orixe ás denominadas canción de cruzada, composicións propagandísticas nas que os trobadores incitaban os membros da sociedade feudal a tomar parte na loita contra infieis e herexes. Neste labor destacaron autores como Marcabrú ou Peire Cardenal. Na propia literatura medieval consérvase unha Canción da cruzada, na que se contan os acontecementos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de carácter relixioso aparecido o 8 de decembro de 1888 na cidade de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Abandonou o traballo de farmaceútico en 1880 cando unha suposta revelación lle dixo que sería un gran pintor. Na súa traxectoria artística buscou o motivo supremo, que atopou ao aire libre no Cairo. Empregou unha linguaxe formal e enxeñosa e un universo máxico de cores. Da súa obra destacan Baalbek (1906) e Cedro solitario (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá no cu ao caer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia e concello de Malpica de Bergantiños, ao N do núcleo urbano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunión de oficiais e mandos dun cuartel que se vixían entre si para evitar un pronunciamento.

    2. Pronunciamento militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de porcos que están no cubil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comentario que se fai sen moito fundamento, normalmente co fin de prexudicar algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade dun líquido, alimento ou condimento que colle nunha culler.

    VER O DETALLE DO TERMO