Couboeira, Santa Madanela da
Couboeira, Santa Madanela da
Igrexa parroquial situada en Mondoñedo. Foi un priorado beneditino que se reformou no s XX. Consta dunha nave e dunha ábsida con cuberta de madeira. No interior destaca un retablo do s XIX procedente do mosteiro de Vilanova de Lourenzá, coas imaxes de santa María Madanela, san Xosé, santo Antón e o Neno Xesús. Na fachada principal destaca unha espadana de dous corpos e tres vans.