"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘en vez de’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo, dignidade e atribucións de vicealmirante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficial da armada supeditado ao almirante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai ou está facultada para facer as funcións de chanceler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcionario consular, xerarquicamente inferior ao cónsul e superior ao axente consular, que pode ser titular dun cargo cunha competencia territorial propia, ben dependente dun consulado xeral, ben formando parte do persoal dun consulado como colaborador principal do cónsul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou oficio de vicecónsul.

    2. Oficina do vicecónsul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Estevo que dá nome ao concello do Vicedo, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Mariña Occidental situado no N da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Lugo (43° 44’ N - 7° 40’ O). Limita ao N co Mar Cantábrico, ao L co concello de Viveiro (comarca da Mariña Occidental), ao S co de Ourol (A Mariña Occidental) e ao O con Mañón (Ortegal). Abrangue unha superficie de 76 km 2 cunha poboación de 2.086 h (2007) distribuída nas parroquias de Cabanas, Mosende, Río Barba, San Miguel de Negradas, San Román de Vale, Suegos e O Vicedo. A capital é O Vicedo, na parroquia homónima. Dista 167 km de Santiago de Compostela e 105 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Viveiro.
    Xeografía física
    Os seus trazos físicos veñen marcados pola combinación de dúas formas de relevo. Unha esténdese por toda a parte interior, e está composta por aliñacións montañosas de cumes suaves e pouca altitude (400-500 m) e a outra abarca o litoral, formado por unha pequena plataforma costeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto pesqueiro situado na ría do Barqueiro. Conta cun pequeno espigón cunha liña de atraque duns 35 m e calado de 2 m, con rampla de varanda, talleres e iluminación. Protexe dos ventos do primeiro cuadrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dura vinte anos.

    2. Que ten lugar cada vinte anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Catedrático de historia moderna nas universidades de Zaragoza (1947) e Barcelona (1948), foi un dos fundadores da editorial Vicens Vives   que propoñía mellorar os libros de texto. En 1950 entrou en contacto coas novas correntes da historiografía europea e recibiu unha forte influencia da escola dos Annales, que el defendeu con afirmacións programáticas onde proclamaba a importancia dos feitos económicos e, moi especialmente, a fe na eficacia do método estatístico. Das súas obras destacan Aproximación a la historia de España (1952), El segle XV. Els Trastàmares (1956), e as colectivas Estudios de Historia Moderna (1951-1959), Índice Histórico Español (iniciado en 1953) e Historia social y económica de España y América (1957-1959), ademais de Manual de historia económica de España (1959), coa colaboración de Jordi Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa escultura foi decorativa, plácida, repousada, arquitectónica, en moitos casos con singular misticismo. A súa tendencia foi clásica sen deixar de ser moderna, chegando ata a estilización da forma.   Destaca a viacrucis de Santa Tegra, na Guarda, que lle foi encargada pola Sociedade Pro-monte de Santa Tecla (1924-1940) e que o nomeou socio de mérito a título póstumo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e profesor.   Doutorouse en Teoloxía en Santiago   e foi redactor e colaborador do semanario   La Voz del Tecla. Das súas obras destaca La lengua latina y la necesidad de su estudo (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Presbítero no mosteiro de Lerins e adversario de santo Agostiño, foi famoso pola súa doutrina sobre a tradición, expresada na obra Commonitorium (434). A súa festividade celébrase o 24 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Cara a 1615 decidiu abandonar todos os cargos para dedicarse a servir a Deus a través dos pobres. Coa axuda da condesa de Gondi formou un equipo de sacerdotes para o apostolado rural, a Congregación da Misión (1625), e os seus membros foron chamados paulinos ou lazaristas, xa que en 1632 estableceron o priorado de san Lázaro. Coa cooperación   e baixo a autoridade de santa Luísa de Marillac de París, fundou as confrarías de damas da caridade e a comunidade dos Fillos da Caridade (1633). Consérvanse cartas e unhas Instrucións. Foi canonizado en 1737 e declarado patrón de todas as institucións da caridade (1885). Iconograficamente representouse semicalvo e con barba case branca, vestido con sotana e manteo, co colo branco dobrado. A súa festividade celébrase o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, predicador e escritor. Relixioso dominicano, en 1389 foi nomeado predicador xeral da orde. Defendeu a sé papal aviñonense fronte a Roma, chegando a ser confesor do antipapa Benedito XIII. Foi conselleiro do Rei Xoán I de Aragón e, en 1412, designárono compromisario polo Reino de València para dilucidar a sucesión de Martiño o Humano á Coroa de Aragón na vila de Caspe. A súa influencia foi notable para que se escollese a Fernando de Antequera, da dinastía Trastámara. Desde o ano 1400 dedicouse á predicación por diferentes territorios europeos. Das obras que deixou escritas destaca De moderno Ecclesiae schismate (1380), en defensa do antipapa Clemente VII. Coñeceuse tamén un tratado sobre o Cisma de Occidente (Roma, 1901), Contemplació moi devota qui comprèn tota la vida de Jesucrist, salvador nostre, ab les propietats de la misa (1518) e outro en latín, Tratactus de vita spirituali. Foi canonizado en 1455 polo Papa Calisto III. Iconograficamente representouse con túnica branca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, en Río de La Plata, forma parte da aglomeración de Bos Aires (274.082 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural creada en 1996 co obxectivo de difundir a obra do escritor ourensán. En 2003 inaugurouse a nova sede na casa familiar de Risco en Allariz. Concede anualmente o Premio Vicente Risco de Antropoloxía e Ciencias Sociais e o Premio Vicente Risco de Literatura Fantástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cociñeira. Coñecida como Toñi Vicente. En 1992 creou o seu propio restaurante en Santiago de Compostela, especializado en peixes e mariscos. Foi galardoada coa Copa de Ouro da CPI (1983), obtivo o primeiro posto no campionato europeo de gastronomía CEE (1990) e recibiu a Medalla de Prata de Galicia (1997) e o Premio Nacional de Gastronomía (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO