"Ons" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1222.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Santiago de Compostela en 1990. Dirixida por Francisco Macías, conta con máis de cincuenta libros editados. Dedícase fundamentalmente á publicación de ensaios, libros de peto, literatura e revistas en lingua galega e portuguesa. Ademais das coleccións “Diversos”, “Narrativas”, “Plural” e “Popular”, tira do prelo a revista Animal+.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en 1980 en Santiago de Compostela. Dirixida por Amador Rodríguez Arce e Manuel Casal Salgado, conta con máis de douscentos títulos publicados. A súa liña editorial enmárcase dentro da difusión de obras cartográficas, literatura infantil e xuvenil, narrativa e pedagoxía en lingua galega ou castelá. Divide a súa produción nas coleccións “Animais fantásticos”, “Aprender xogando”, “Biblioteca de autores galegos”, “Cartografía”, “Contos clásicos favoritos”, “Ecoloxía”, “Mapas murais/Esfera”, “O meu libro-xogo”, “Os libros do tren”, “Pouquiño a pouco” e “Xeografía e historia”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez en Vigo no mes de outubro de 1979. Dedicada á edición de libros en lingua galega, pertence ao Grupo Anaya. Naceu coa vontade de abranguer todos os campos da comunicación impresa e para contribuír á normalización da lingua en Galicia. En 1980 creáronse as tres primeiras coleccións “Montes e Fontes”, “Ventobranco” e “Fonteliña”. A partir de 1981 comezou a edición de libros de texto para EXB. Nese mesmo ano incorporouse Luís Mariño Pampín á dirección editorial. O lanzamento dos libros de Bacharelato produciuse en 1982, coincidindo coa presentación de dúas novas coleccións “Extramuros”, para a edición de libros en castelán e “Arroás”, na que se incluíron libros ilustrados. Ao ano seguinte creáronse tres novas coleccións “Xabarín”, para a publicación de literatura xuvenil en galego, “Narrativa” e “Xerais Universitaria”. En 1984 convocouse a primeira edición do Premio Xerais de Novela, e resultou gañador Carlos G. Reigosa...
-
GALICIA
Xornalista e escritor, coñecido polo pseudónimo de Pucheiro. Director do semanario A Nosa Terra. Estudiou no seminario de Lugo e foi membro cofundador da agrupación Lumieira, que se formou en Chantada a partir de 1973. Comezou no eido periodístico na sección de deportes de El Progreso de Lugo con 14 anos, labor que compaxinaba cos seus estudios no instituto de Chantada. Aos 16 anos dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Logo continuou a súa formación na facultade de Ciencias de Información en Madrid. Trala finalización dos seus estudios formou parte do equipo da TVE en Galicia, ata que a partir de 1977 entrou na redacción de A Nosa Terra. Despois dunha crise no seo do semanario, no ano 1981 organizou o seu traslado da redacción dende Santiago de Compostela a Vigo, e modificou o seu equipo directivo. En setembro de 1983 foi elixido director. Membro da comisión técnica de prensa do Consello da Cultura Galega, foi o redactor das primeiras ponencias...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, crítico e historiador da arte. Foi profesor na Escola Superior de Belles Oficies e na Escola de Bibliotecàries de Barcelona. Traballou como ilustrador, entre outros medios, en Cu-cut! e Mirador, e en 1908 fundou Papitu, da que foi director ata 1911. As súas caricaturas, asinadas co nome de Apa, seguían a tradición modernista. Pintou retratos e naturezas mortas. Asinaba os seus traballos xornalísticos co nome de Joan Sacs. Estudiou a arte da caricatura e escribiu diversas monografías sobre temas artísticos. Entre as súas obras destaca La escultura catalá moderna (1926-1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Constantinopla (1206-1216), fillo de Balduíno V, conde de Hianaut. Participou na Cuarta Cruzada xunto ao seu irmán, o Emperador Balduíno I. Despois da captura de Balduíno polos búlgaros na Batalla de Adrianápolis (1205), converteuse en rexente e en 1206 sucedeuno como emperador. Venceu os búlgaros en Salónica (1207) e liberou os gregos. Reorganizou o territorio e acadou a paz entre gregos e latinos despois de derrotar os bizantinos disidentes do Epiro (1207) e do Imperio de Nicea (1211 e 1214).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lugo (1474-1496), fillo de Rodrigo Álvarez Osorio e de Aldonza Enríquez de Castro. Coñecido tamén como Afonso Enríquez e Afonso de Lemos, foi sacerdote franciscano e bispo de Lugo en 1470. Durante o seu bispado, reedificouse o palacio episcopal (1478-1480). O seu irmán García Enríquez Osorio foi arcebispo de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso Enríquez.
-
PERSOEIRO
Poeta. De ascendencia nobre, foi paxe do futuro Filipe II e participou na conquista de Chile. A súa obra La Araucana (1569) é un poema épico en oitavas reais que trata a subxugación que sufriu o pobo araucano, da que el mesmo formou parte. Os versos reflicten a influencia nesta obra de Virxilio, Lucano e, sobre todo, Ariosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Erill, barón de Orcau e de Rubinet. Conselleiro real de Filipe III, foi capitán xeneral (1617-1623) de Sardeña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e ilustrador. Introduciu a caricatura política en México e realizou ilustracións críticas sobre a historia mexicana. Publicou litografías na revista La Orquesta (1861-1968). Das súas obras destaca o álbum Glorias nacionales.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sepulcro monumental romano construído cerca da Via Augusta, 5 km ao N de Tarragona. Datado na primeira metade do s I a C, pertence ao tipo de sepulcro en forma de torre e consta de tres corpos.
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Superior do convento de Santo Antonio da Pobra do Deán, en 1502 acompañou ás Indias o comendador frei Nicolás de Ovando e converteuse no primeiro misioneiro galego nos territorios americanos. En 1511 volveu á Península Ibérica para informar o Consello Real sobre o beneficio das encomendas, feito que provocou o seu enfrontamento con frei Bartolomé de Las Casas. En 1512 volveu a América xunto con corenta relixiosos para continuar o apostolado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Promesa de matrimonio feita entre dúas persoas de acordo a certas formalidades legais.
-
Cerimonia de matrimonio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos esponsais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario da autoría de Xohana Torres publicado en 1980, co que acadou o Premio da Crítica Española 1981. Ademais de inaugurar a colección Dombate da Editorial Galaxia, supuxo o regreso á poesía da autora, logo de máis de vinte anos de silencio neste xénero. Trátase en realidade dun volume que agrupa poemas escritos ao longo dos anos 60 e 70, e que condensa constantes temáticas e estilísticas que aparecen ao longo de toda a súa obra. A radical intimidade que amosa participa das inquietudes esenciais do ser humano, tales como a soidade, a fugacidade do tempo, o entusiasmo vitalista, a reflexión sobre a patria e un percorrido polas lembranzas conservadas na memoria, que remata nun retorno ao mar, entendido como entrega a todo o primordial. Estilisticamente rompe coas normas de puntuación e coa lóxica lingüística, e caracterízase pola profusión de imaxes, polo prosaísmo e polo coloquialismo. Está integrado por catro partes independentes entre si: “O tempo e a terra”, con poemas sobre Galicia...
-
PERSOEIRO
Diplomático e escritor francés, barón de Estournelles de Constant de Rebecque. Foi conselleiro da embaixada de Francia en Londres (1892-1894), deputado (1895) e senador (1904-1924) en Francia. Como representante do seu país acudiu ás dúas primeiras conferencias da Haia (1899, 1907). Escribiu, entre outras obras, La Politique française en Tunisie: Le Protectorat et ses origines, 1854-1891 (1891), Woman and the cause of the peace (1911) e Pour la Société des Nations (1921). En 1891 gañou o premio Thérouanne da Academia Francesa e en 1909 recibiu, xunto a Auguste Beernaert, o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Aragón, suposto fillo de Fernando o Católico. Carlos I enviouno a Nueva España como oficial real. Ocupou o cargo de tesoureiro antes de exercer como gobernador de México trala morte de Marcos Aguilar (1527). Compartiu o cargo con Gonzalo de Sandoval ata a chegada dunha real orde na que se dispuña que gobernase en solitario. Cesou no seu cargo trala instalación da primeira audiencia en decembro de 1528.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Límite cando n → ? da serie {un}, cando n<0, de termo xeral un=1+1/2+1/3+...+1/n-lnn. O seu valor aproximado é C=0,57721566
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación Europea de Axencias de Comunicación fundada en 1959 co nome de European Association of Advertising Agencies (EAAA). Con sede en Bruxelas, agrupa as asociacións nacionais de axencias publicitarias e de mercadotecnia de trinta estados europeos. Subdivídese na National Association Council (NAC), na International Agencies Council (IAC) e na Media Agencias Council (MAC). A Asociación Española de Agencias de Publicidad (AEAP) está integrada nesta entidade paneuropea.