Espinar, Alonso del

Espinar, Alonso del

Relixioso franciscano. Superior do convento de Santo Antonio da Pobra do Deán, en 1502 acompañou ás Indias o comendador frei Nicolás de Ovando e converteuse no primeiro misioneiro galego nos territorios americanos. En 1511 volveu á Península Ibérica para informar o Consello Real sobre o beneficio das encomendas, feito que provocou o seu enfrontamento con frei Bartolomé de Las Casas. En 1512 volveu a América xunto con corenta relixiosos para continuar o apostolado.