"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

    1. Amplificación explicativa ou interpretación dun texto coa finalidade de facelo máis intelixible.

    2. Versión máis ou menos libre dun texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer a paráfrase dun texto ou dun escrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paráfrase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno mental que inclúe a paranoia e a demencia precoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fuso grande ou torcedor para la ou liño.

    2. Trade para facer buracos formado por unha polea que fai xirar unha broca.

    3. Pau de madeira cunha roda colocada en posición horizontal no extremo inferior que se emprega para mazar o leite subíndoo e baixándoo dentro da ola.

    4. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘trade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza composta por unha pequena barra roscada e unha extremidade que permite facela xirar para que penetre noutra peza (porca) ou nunha superficie. Utilízanse como elementos de unión entre dúas ou máis cousas, ou como un mecanismo que transforma o movemento de rotación en rectilíneo. Os parafusos de unión poden ser cilíndricos ou lixeiramente cónicos (para madeira) e caracterízanse polo seu diámetro e lonxitude, polo tipo de rosca e pola forma da cabeza. Esta pode ser cadrada, hexagonal, octogonal, cilíndrica ou semiesférica, ben con engaste de desparafusador ou con engaste en forma de cruz (parafuso Philips ou de cabeza de estrela); cilíndrico con engaste hexagonal (parafuso Allen); cilíndrico coa periferia grafilada e outros. Algúns parafusos teñen o extremo da barra lixeiramente cónico, e uns cortes laterais practicados na punta facilitan que o parafuso labre o seu aloxamento mentres se introduce (parafuso autoenroscante). Os parafusos utilizados como...

      2. parafuso de Arquímedes

        Máquina para elevar auga que consiste nun tubo provisto interiormente dunha chapa en forma de rosca ou de hélice, a que, ao virar cunha velocidade suficiente, permite pasar a auga dun nivel máis baixo a outro máis alto. OBS: Tamén se denomina rosca de Arquímedes.

      3. parafuso micrométrico

        Parafuso de precisión co que van provistos moitos instrumentos científicos ou de metroloxía para obter a medida precisa dun desprazamento lonxitudinal.

      4. parafuso sen fin

        Engrenaxe en que un parafuso cilíndrico fai xirar unha roda dentada.

    1. Trade para facer buracos formado por unha polea que fai xirar unha broca.

    2. Fuso grande ou torcedor para la ou liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividir ou dispoñer un texto en parágrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da escritura caracterizado pola confusión dunhas palabras con outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sección ou subdivisión dun discurso ou dun capítulo, xeralmente numerado, que forma unha unidade polo feito de tratar dun punto en particular.

      2. Cada un dos fragmentos dun escrito ou un impreso separados por un punto e á parte.

    1. Signo gráfico (§) con que se representa cada sección ou subdivisión do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se usa en osteometría para proxectar verticalmente calquera dos puntos osteométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque etnográfico situado no Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro). Dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, está integrado por un pequeno poboado con pallozas, cunha mostra de mobiliario e útiles domésticos no seu interior, convertido en museo desde 1970; a igrexa prerrománica de Santa María a Real do Cebreiro (s IX) e unha hospedaxe fundada no s IX para atender os peregrinos que se dirixían cara a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque etnográfico situado en Allariz. Xurdiu como un proxecto de recuperación e saneamento das beiras do río Arnoia. Está integrado polo Muíño do Burato (1992), museo dedicado aos muíños hidráulicos que se poden atopar ao longo do río e onde se mostra a moenda do cereal; o Museo do Tecido O Fiadeiro (1994), onde se amosan os aparatos empregados no cultivo e transformación do liño, un antigo tear en uso e un pequeno obradoiro, ademais de pezas antigas tecidas á man; o Museo do Coiro Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras (1994), sobre o proceso e ferramentas empregadas no curtido e que mostra os curtidoiros e as ferramentas propias do oficio; e o Museo Galego do Xoguete (1995), que mostra unha colección de xoguetes. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico mensual aparecido en Salvaterra de Miño a partir de maio de 1996. Dirixido por Óscar Estévez Castelo, tentou converterse no voceiro comarcal dos concellos que integran a comarca do Condado. Incluíu información sobre actividades deportivas e culturais, novas sobre ecoloxía, racismo, música e drogodependencias, algúns retallos de historia e pasatempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar de amor dous mozos.

    2. Conversar de xeito informal sobre calquera tema de pouca transcendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de parrafear.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sección ou subdivisión dun discurso ou dun capítulo, xeralmente numerado, que forma unha unidade polo feito de tratar dun punto en particular.

      2. Cada un dos fragmentos dun escrito ou un impreso separados por un punto e á parte.

    1. Signo gráfico (§) con que se representa cada sección ou subdivisión do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • caracol de Pascal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de voleibol. Xogou máis de 300 partidos coa selección española. Gañou dúas Recopas de Europa (1997 e 1998), unha Supercopa de Europa (1998), unha Copa CEV (1995), unha Copa de Italia (1999) e unha Copa do Rei (1996). Recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Historia ou descrición dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedrafita situada preto de Xinzo de Limia, no medio da antiga lagoa de Antela. Cunha cronoloxía difícil de establecer, as súas dimensións aproximadas son 3 m de altura e unha anchura media de 0,60 m. Conta con algúns gravados na súa superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO