parafuso
-
[TECNOL]
-
s
m
Peza composta por unha pequena barra roscada e unha extremidade que permite facela xirar para que penetre noutra peza (porca) ou nunha superficie. Utilízanse como elementos de unión entre dúas ou máis cousas, ou como un mecanismo que transforma o movemento de rotación en rectilíneo. Os parafusos de unión poden ser cilíndricos ou lixeiramente cónicos (para madeira) e caracterízanse polo seu diámetro e lonxitude, polo tipo de rosca e pola forma da cabeza. Esta pode ser cadrada, hexagonal, octogonal, cilíndrica ou semiesférica, ben con engaste de desparafusador ou con engaste en forma de cruz (parafuso Philips ou de cabeza de estrela); cilíndrico con engaste hexagonal (parafuso Allen); cilíndrico coa periferia grafilada e outros. Algúns parafusos teñen o extremo da barra lixeiramente cónico, e uns cortes laterais practicados na punta facilitan que o parafuso labre o seu aloxamento mentres se introduce (parafuso autoenroscante). Os parafusos utilizados como mecanismos adoitan ser de rosca de sección trapecial; normalmente aos dous extremos da barra xiran, mentres que a peza que fai rosca (porca) se despraza lonxitudinalmente; utilízanse como sistema de traslación en moitas máquinas. O parafuso globoidal é un caso particular de parafuso sen fin en que a xeratriz cilíndrica da roda que fai de parafuso se substitúe por un arco de círculo.
-
parafuso de Arquímedes
Máquina para elevar auga que consiste nun tubo provisto interiormente dunha chapa en forma de rosca ou de hélice, a que, ao virar cunha velocidade suficiente, permite pasar a auga dun nivel máis baixo a outro máis alto. OBS: Tamén se denomina rosca de Arquímedes.
-
parafuso micrométrico
Parafuso de precisión co que van provistos moitos instrumentos científicos ou de metroloxía para obter a medida precisa dun desprazamento lonxitudinal.
-
parafuso sen fin
Engrenaxe en que un parafuso cilíndrico fai xirar unha roda dentada.
-
s
m
-
s
m
Trade para facer buracos formado por unha polea que fai xirar unha broca.
Sinónimos: parafusa. -
s
m
Fuso grande ou torcedor para la ou liño.
Sinónimos: parafusa.