"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Tumor cutáneo benigno moi frecuente e que normalmente adopta forma de pápula ou nódulo de cor morada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao fungo que se desenvolve sobre a pel, o pelo ou as unllas dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección causada por un dermatófito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura que forman as cristas dermatoepidérmicas da cara palmar das mans e dos pés. Trátase dun carácter permanente e constante durante toda a vida que provén da formación da ectoderma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección cutánea que consiste na hipertrofia da pel e do tecido subcutáneo e con tendencia á formación de dobramentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en dermatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que ten por obxecto o estudo e o tratamento das doenzas da pel e dos seus anexos como o pelo, as unllas e as glándulas sebáceas. O primeiro texto dedicado ao estudo das doenzas cutáneas foi De morbis cutaneis (1572), de Girolamo Mercuriali, aínda que a constitución dos estudios dermatolóxicos como especialidade non tivo lugar ata o s XVIII. François Rayer, no Traité théorique et pratique des maladies de la peau (Tratado teórico e práctico das enfermidades da pel, 1826), introduciu o criterio anatomopatolóxico para enfocar a clasificación das afeccións cutáneas. A interpretación fisiopatolóxica e constitucional da dermatoloxía iniciouse a comezos do s XX coa obra de Josef Jadassohn e Bruno Bloch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á dermatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das partes laterais dos somitas mesodérmicos que, ao desenvolverse, se converten en tecido conectivo da derme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección cutánea causada por fungos parasitos dos xéneros Trochophyton, Microsporum e Epydermophyton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colaxenose que afecta preferentemente á pel e aos músculos. Débese a unha alteración dos mecanismos inmunolóxicos. O eritema cutáneo característico preséntase en forma de coloración vermella purpúrea nas pálpebras e na zona periorbitaria. A afección muscular consiste no debilitamento e, ás veces, dor, principalmente nos músculos próximos ás extremidades e ao pescozo. Cando só resultan afectados os músculos e non a pel fálase de polimiosite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ácaros, de ata 0,3 mm de lonxitude, que viven sobre a pel humana á que libran das peles mortas, bacterias e fungos que, de non ser eliminados, poderían provocar dermatites. Tamén proliferan entre o po, formado por anaquiños de fibras téxtiles, pelos, escamacións da pel, restos de alimentos, bacterias, fungos e poles, que se acumulan, especialmente, nas camas e alfombras. As condicións óptimas para estes animais son os ambientes escuros cun 80% de humidade e temperaturas de 25 °C. As exuvias e excrementos destes animais conteñen importantes axentes alérxenos que causan, no home, gran parte das asmas. As especies máis comúns son D. pteronyssinus, D. farinae e D. microceras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que favorece a queratinización das células epiteliais en procesos cicatrizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que afecta ás células vivas da epiderme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa celular externa dun meristema primordial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa grosa e interna da pel, xusto por debaixo da epiderme, da que se alimentan a epiderme e os anexos cutáneos. Contén vasos sanguíneos e linfáticos, tecido conectivo e terminacións nerviosas. Na pel humana pódense distinguir dúas capas, unha superficial dentada que se chama derme papilar e outra máis profunda e consistente que se chama derme reticular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros, da familia dos derméstidos, constituído por escaravellos de entre 1,5 e 10 mm de lonxitude; os máis deles presentan cor escura e unha cuberta de pelos, antenas con forma de maza, un par de ollos compostos e un ocelo no centro da cabeza. Teñen a capacidade de recoller as patas baixo o corpo e permanecen inmóbiles cando se senten ameazados. As larvas son eirugas, as máis das veces de corpo alongado e con patas curtas. Son de hábitos preeiros e poden afectar a tecidos, peles e alimentos humanos almacenados. En Europa viven 19 especies deste xénero. A especie máis frecuente é D. lardarius, de 9,5 mm de lonxitude, propia das despensas, aínda que o seu hábitat orixinario é a prea, de distribución cosmopolita, que presenta na parte anterior dos élitros unha franxa ancha de cor cinsenta. As larvas aliméntanse de graxa animal, peixe desecado, coiros, pelos, cornos ou plumas. Outras especies do xénero son D. vulpinus, que aparece no coiro e nos intestinos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos derméstidos.

    2. Insecto da familia dos derméstidos.

    3. Familia de coleópteros á que pertencen os xéneros Anthrenus, Desmestes e Trogoderma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pel, especialmente á derme.

    VER O DETALLE DO TERMO