"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • GALICIA

    Escritor. Colaborador das publicacións Grial e Encrucillada, publicou Miro (1987), O globo máxico (Premio Barco de Vapor 1987), O deus desaparecido (1991), O segredo do novicio (1992), O lagarto Paco (1993) e O crocodilo na habitación (1994). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritora. Publicou Os milagres de Santiago (1988), Xosé faise amigo do vento (1990) e Xosé e o vento (2002). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Autor de óperas, intermezzi, motetes, cantatas, oratorios e obras didácticas, como o tratado L’armonico practico al cimbalo (1708).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe de cómic creado polo debuxante Xaquín Marín. Trátase dun rapaz vestido con boina e dotado dunha sutil ironía. Apareceu en diversos medios de comunicación, e diariamente en La Voz de Galicia. Este personaxe deu título a dúas obras: Gaspariño e Gaspariño II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona polipeptídica tisular de 17 unidades de aminoácidos, que se atopa nas células G das glándulas do antro pilórico do estómago, que se libera pola presenza de alimentos no estómago. É unha das hormonas que controlan os procesos dixestivos, sendo o estimulador máis potente da secrección do zume gástrico. Prodúcena en exceso os tumores que se denominan gastrinomas, que orixinan a síndrome de Zollinger-Ellison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano, marqués de Gattinara. Embaixador de Maximiliano I de Austria fronte a Luís XII de Francia e Fernando o Católico, foi conselleiro de Margarida de Austria, xunto coa que preparou a elección imperial de Carlos I. Primeiro presidente do Parlamento de Borgoña (1508) e gran chanceler imperial desde 1518, realizou, sen éxito, unha reforma da administración de Castela e intentou impor unha moeda única en todos os territorios imperiais. Foi o artífice das sinaturas do Tratado de Windsor (1522) con Inglaterra, da Paz de Cambrai (1529) con Francia, da Paz de Barcelona (1529) co papa, e da de Boloña (1529) cos ducados de Milán e Xénova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e nobre de orixe galega. Formado no Reino Unido, integrouse no rexemento español de Lisboa en 1771. Axudante do conde O’Reylly durante o sometemento de Louisiana ao poder español (1769-1790), ascendeu a xeneral de brigada en 1787. Como gobernador de Natchez entre 1789 e 1796 potenciou a creación de postos fronteirizos fronte á ameaza estadounidense, a sinatura de tratados coas tribos indias e a fundación de vilas, como San Fernando de las Barracas. Ascendido a brigadier dos Reales Ejércitos, foi designado en 1796 gobernador de Louisiana e de Florida occidental. Trala súa morte soterrárono baixo o altar da igrexa de Saint Louis de New Orleans. Escribiu Estado político de la Luisiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao S de Torrijos e drenado por diversos afluentes do Tajo (1.864 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de San José e a igrexa de San Mateo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e político. Gobernador do asentamento español nas Malvinas (1174-1779), foi vicerrei de Nova Granada (1788-1792) e do Perú (1792-1796). De ideas ilustradas, potenciou a creación dos xornais Mercurio Peruano (1791) e da Gaceta de Lima (1793), o desenvolvemento da Sociedad Cultural Amantes del País e da Tertulia Poética (1791), e a fundación, entre outras, dunha cátedra de Anatomía (1792) e da Academia de Naútica (1794). De volta a España foi elixido membro do Consejo Supremo de Guerra, director xeral da Armada (1799) e ministro de Mariña (1866). Trala chegada ao trono de Fernando VII, formou parte da Junta de Goberno que se desprazou a Baiona, que abandonou trala subida ao poder de Xosé Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Membro dende 1944 do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, foi director dos Centros Provinciais de Arquivos e Bibliotecas de Lugo. Creou a Biblioteca Pública Provincial Unificada, o Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas (1948) e o Arquivo Histórico Provincial de Lugo (1951). Dirixiu o arquivo da Delegación de Facenda e o Arquivo Histórico do Reino de Galicia. Entre as súas obras destacan Archivo Histórico del Reino de Galicia: guía del investigador (1968) e La vida y obra de don José Cornide Saavedra: breve biografía (1992). Membro da Real Academia Galega dende 1975, do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou na decoración do Palacio Real de Madrid e fixo algúns grupos para o Pesebre de Carlos IV. Nomeado escultor de cámara honorario (1794), interveu na decoración da Casita del Príncipe en El Escorial e na Casa del Labrador en Aranjuez. Foi académico de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1814) e primeiro escultor de Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación obsoleta do glicerol.

    2. Cold cream que na súa composición ten glicerol en substitución dunha parte da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos, da orde dos foraminíferos, de forma globosa, que conta cunha cuberta calcaria constituída por lóculos esféricos distribuídos en espiral irregular. As cubertas destes protozoos constitúen unha parte importante da lama abisal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á lingua e á farinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hermann Wilhelm Göring.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e escritor. Realizou estudios de arqueoloxía no Pontificio Instituto di Archeologia Cristiana. Foi director do Museo Diocesano Catedralicio e do Arquivo Histórico. Das súas obras destacan Finalidad de la pena eclesiástica según Amor Ruibal (1968), Un edificio con historia: antiguo hospital de Tuy (1975), Santa María de Oliveira, una iglesia románica desaparecida (1976), Lucerna romana del Museo Diocesano de Tuy (1980) e, en colaboración, Necrópolis germánica en el claustro de la catedral de Tuy (1976) e Villa romana y necrópolis germánica de Currás, Tomiño (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Luis de Góngora.

    2. Relativo ou pertencente ao gongorismo.

    3. Que ou quen segue os preceptos do gongorismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Sevilla (1884-1885 e 1886-1889) e Toledo (1885), bispo de Córdoba (1875-1883) e patriarca das Indias. Consagrouse como dominicano no convento de Ocaña (1844) e permaneceu en Manila, onde terminou os seus estudios. Regresou a España en 1866. Promovido por León XIII como cardeal da Igrexa de Roma, ocupou a Sé primada de España (1885). Destacou pola súa faceta de filósofo e foi un gran defensor da filosofía tomista. Participou na polémica evolucionista-creacionista elaborando unha hipótese pola que Adán era en parte produto da evolución e en parte obra directa de Deus. Foi autor de Historia de la Filosofía (1878-1879) e Filosofía Elemental (1868). En 1873 foi elixido membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. En 1976 ingresou no Partido Galego Independente, integrado posteriormente na UCD, agrupación coa que participou na comisión do Anteproxecto do Estatuto e pola que foi elixido deputado pola Coruña no Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985). Secretario xeral do Partido Nacionalista Galego (PNG), formou parte do goberno tripartito de F. González Laxe (1987-1990) como conselleiro da Presidencia e Administración Pública e como voceiro do goberno galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Dirixente do PSdeG-PSOE no concello de Vigo, foi concelleiro desde 1982 ata 2003. Alcalde da cidade (1991-1995), ocupou a presidencia do Consorcio Zona Franca de Vigo en 1991 e foi vicepresidente do Eixo Atlántico de Cidades en 1993. Foi elixido pola provincia de Pontevedra como deputado no Parlamento de Galicia na III lexislatura (1989-1991) e senador (1996). Como concelleiro de cultura (1995-2003), promoveu a creación do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e da Casa das Palabras (VERBUM).

    VER O DETALLE DO TERMO