gastrina

gastrina

(

s f [BIOQ]

Hormona polipeptídica tisular de 17 unidades de aminoácidos, que se atopa nas células G das glándulas do antro pilórico do estómago, que se libera pola presenza de alimentos no estómago. É unha das hormonas que controlan os procesos dixestivos, sendo o estimulador máis potente da secrección do zume gástrico. Prodúcena en exceso os tumores que se denominan gastrinomas, que orixinan a síndrome de Zollinger-Ellison.

Palabras veciñas

gastrectasia | gastrectomía | gástrico -ca | gastrina | gastrite | gastro- | gastrocele