"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Rama da agricultura dedicada ao estudo e ao cultivo de árbores e plantas froiteiras. O cultivo das froiteiras tivo durante moito tempo un carácter meramente complementario doutros produtos agrícolas, xa que se destinaba a froita ao consumo familiar ou ao mercado rural ou urbano máis próximo. A partir de mediados do s XIX adquiriu un desenvolvemento autónomo e un carácter máis industrial, ao tempo que o comercio da froita adquiriu proporcións internacionais. A mediados do s XX, as melloras da tecnoloxía e a consolidación das industrias derivadas nos climas máis favorecidos, deron lugar a grandes incrementos no rendemento por unidade de explotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Canarias, ao SO de Lanzarote, illa da que está separada polo estreito de Bocayna (1.659 km2, 42.938 h [1996]). De orixe volcánica, ofrece un relevo montañoso, aínda que de escasa altitude (Jandía, 802 m). As rochas volcánicas e as cinsas ocupan a maior parte da illa, polo que é moi pobre e improdutiva. Puerto del Rosario é o seu núcleo máis importante. A agricultura e o turismo son as principais fontes de riqueza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de fulgurar.

      2. Brillo luminoso do ouro ou da prata fundidos cando a capa de óxido metálico deixa ao descuberto a súa superficie.

      3. fulguración solar

        Aumento notable da luminosidade da superficie solar que se produce en rexións de área reducida durante un tempo xeralmente breve. As fulguracións resultan claramente visibles cando se observan nas lonxitudes de onda correspondentes ás liñas Hα, H e K do espectro solar. Normalmente obsérvanse sobre flóculos preexistentes.

    1. Electrocución mediante electricidade natural.

    2. Uso de chispazos de alta frecuencia e de alta tensión sobre a pel ou sobre un campo operatorio para modificar a nutrición dos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao raio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que brilla de maneira intensa e breve.

    2. Que posúe un brillo similar ao do raio.

    3. Que alcanza moita intensidade en moi pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lanzar raios de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada polo Concello da Estrada no 1994 coa intención de apoiar unha serie de iniciativas culturais e facilitar a súa consolidación e espallamento. Entre as actividades que promove destacan Radio Estrada, o Museo Manuel Reimóndez Portela, a Coral Polifonica da Estrada, o Grupo de Baile e Música Tradicional Tequexeteldere e o Grupo de Teatro Os Tirinautas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Burato feito nunha cousa para poder introducir nel algo.

      2. Cada un dos buratos que leva o chedeiro do carro nos que se meten os fungueiros.

      3. Burato que ten a cabezalla do carro ou o temón do arado onde se introduce a chavella.

    1. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘adega’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro formado en Barcelona en 1979. Defínese como un grupo urbano que busca o espazo escénico fóra do ámbito tradicional. Os seus espectáculos buscan a provocación do espectador, o impacto a través de diversas sensacións (medo, agresión, angustia, sorpresa, etc). Os espectáculos máis destacados da primeira etapa foron Accions (1984), Suz/ o /Suz (1985) e Tier Mon (1988). Co espectáculo Noun (1990), o grupo introduciu elementos novos, como a presenza de actrices e a utilización do vídeo. Na cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) presentou un novo espectáculo baseado no mito de Hércules. En 1994 o grupo estreou M.T.M., unha denuncia da manipulación da información. Posteriormente preparou BOM, un proxecto de celebración en vinte e catro cidades do final do milenio. No ano 2002 realizou a montaxe ATA 25 no xacemento arqueolóxico de Atapuerca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación popular que recibe o dedo índice.

    2. Que ou quen se inmisce nos asuntos dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cómic editado en Cangas a partir de 1980 por alumnos do colexio público Castrillón-Coiro. Coordinado por Lauro Xosé Pedreira, contiña ao longo das súas vinte páxinas debuxos e cómics orixinais dos rapaces que colaboraban na revista. Esta edición foi posterior á participación dalgúns dos colaboradores no Concurso de cómics O Facho, celebrado en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciclón tropical caracterizado pola alta velocidade coa que se despraza. O centro de acción ten presións moi baixas, que poden chegar aos 965 mb. Os ventos poden acadar velocidades de ata 200 km/h e deixan ao seu paso precipitacións torrenciais. Fórmanse en latitudes subecuatoriais.

    2. Cousa ou persoa que causa destrución por onde pasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a violencia dun furacán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura ou cavidade, de medidas variables, realizada en calquera superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa cantábrica, no litoral da parroquia de Lieiro, no concello de Cervo, situada ao O da praia de Limosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) que naceu en 1987, a raíz do auxe que adquiriu en Galicia a exploración de covas. Dirixida por Enrique de Arce Temes, inclúe traballos que abranguen todas as temáticas do estudo e a exploración das covas, elaborados por espeleólogos galegos especialistas en campos tan diversos como a bioloxía, a arqueoloxía, a paleontoloxía, a xeoloxía, a mineraloxía, a hidroloxía, a topografía e a fotografía. Distribúese por sociedades espeleolóxicas de todo o mundo, polo que cada artigo está encabezado por un resumo do contido en galego, castelán, inglés, francés e alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa cantábrica, no litoral da parroquia de Sargadelos, no concello de Cervo, situada ao S da praia dos Castros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de furar.

    2. furaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fura.

    2. Utensilio de metal con punta que serve para facer buracos nunha superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO