fura

fura

(

  1. s f
    1. Burato feito nunha cousa para poder introducir nel algo.

      Ex: Nunca mete o amalló na última fura do zapato.

    2. Cada un dos buratos que leva o chedeiro do carro nos que se meten os fungueiros.

    3. Burato que ten a cabezalla do carro ou o temón do arado onde se introduce a chavella.

  2. s f

    Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘adega’.

Frases feitas

  • Ir na fura de diante. Ir alguén con vantaxe ou destacando dos demais.