funxistático -ca

funxistático -ca

(< lat fungus ‘fungo’ + < grστατικός ‘relativo ó movemento’)

adx e s [QUÍM]

Aplícase ao produto que inhibe o desenvolvemento dos fungos interferindo no proceso da súa reprodución. A diferenza dos funxicidas, os funxistáticos non matan as células, pero ao impedir a división celular a colonia acaba morrendo.

Palabras veciñas

fúnxico -ca | funxícola | funxiforme | funxistático -ca | fuquino | fura | Fura dels Baus, La