"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • GALICIA

    Compositor. Realizou os estudios musicais na súa cidade natal e en Vigo, e logo ingresou na banda do Rexemento de Murcia. Formou parte de numerosas orquestras e bandas, tanto en España como en América, e estableceuse en Cuba. Da súa produción destaca Camiño longo, Noite de lúa, A fouce esquecida e Melodía gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudiou teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1793 foi nomeado secretario perpetuo da Sociedad Económica de Amigos del País. Foi procurador persoeiro (1788 e 1796), deputado do Común (1793 e 1798) e síndico procurador xeral (1814) do concello santiagués, ademais de deputado nas primeiras Cortes de Cádiz por Mondoñedo e secretario do Tribunal da Inquisición de Galicia en 1819. Colaborou en diversos periódicos da Coruña e Santiago e foi o fundador e principal redactor do quincenario Estafeta de Santiago (1813-1814), de carácter realista, onde empregou os pseudónimos de El estafetero e Agustín Verísimo Vilabella y Reytengo. Publicou os folletos: Causas de nuestros males (1810), Derechos del hombre (1811) e varios discursos en defensa da relixión católica, da Inquisición e dos xesuítas. Escribiu El dicionario razonado y manual, impreso en Cádiz, obra que foi cualificada de subversiva pola censura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Zacatecas, México (176.885 h [estim 1995]). Principal centro urbano e comercial do estado, nos contrafortes da Sierra Madre Oriental. Centraliza a produción mineira do Cerro de Proaño e ten industria metalúrxica. Fundada en 1554 co nome de Ojo del Fresnillo, foi un importante centro comercial e mineiro, grazas aos numerosos xacementos arxénteos das proximidades. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de El Tránsito, o teatro González Echeverría e o santuario de Plateros, onde se venera a imaxe do santo Niño de Atocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Frieira en Santiago de Allariz. Trátase dunha ponte do s XVIII dun van de arco de medio punto. Pertenceu ao antigo camiño de Allariz a Augasantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia moi miúda e espesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que ten pouca forza para facer algo ou carece de valor ou decisión para enfrontarse a unha situación dificultosa.

      1. Cousa de pouco valor ou de calidades inferiores ás normais.

      2. Anaco de tea vello e gastado.

    2. Trunfos pequenos no xogo da brisca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fouce de pequeno tamaño e con mango longo, empregado especialmente para cortar o toxo, fieitos ou restos de maleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Publicación de carácter clandestino editada a partir de 1972 en Madrid. Participaron na súa elaboración un grupo de estudiantes vigueses achegados ao grupo trosquista Octubre.

    2. Cada unha das partes en que se divide o tronco ou o talo dunha planta.

    3. Gromo dunha planta que se enxerta noutra ou que se pon na terra para que medre unha nova planta

    4. galladura.

    5. Puntas nas que rematan as forcas ou calquera outra ferramenta semellante.

    6. Instrumento de ferro con tres pés para soster os utensilios nos que se preparan os alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes en que se divide o tronco ou o talo dunha planta.

    2. Gromo dunha planta que se enxerta noutra ou que se pon na terra para que medre unha nova planta

    3. galladura.

    4. Puntas nas que rematan as forcas ou calquera outra ferramenta semellante.

    5. Instrumento de ferro con tres pés para soster os utensilios nos que se preparan os alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter clandestino editada a partir de 1972 en Madrid. Participaron na súa elaboración un grupo de estudiantes vigueses achegados ao grupo trosquista Octubre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    Lagoa endorreica da Serra Ibérica, en Aragón. Esténdese de SL a NO, a 990 m de altitude sobre unha depresión miocénica. Chega a medir 7 km de lonxitude e posúe unha anchura de 2,6 km. A máxima profundidade non supera os 1,50 m. Recibe auga de ríos superficiais da serra de Peñas Altas, ademais de augas subterráneas. A auga desta lagoa está composta de cloruros, sulfatos e carbonatos alcalinos, e posúe un índice elevado de salinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festa alegre e divertida que se fai con moita xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que lle gustan as diversións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. gallofeiro.

    2. Nome que se lles daba aos malfeitores que se facían pasar por peregrinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Doutorouse coa tese Géographes allemands de la Renaissance (Xeógrafos alemáns do Renacemento, 1890). Foi profesor nas universidades de Lyon e da Sorbonne. En 1893 fundou Annales de Géographie Universelle, xunto con Vidal de la Blanche. Dirixiu a revista Géographie Universelle. Escribiu Regions naturelles e noms de pays (Rexións naturais e nomes de país, 1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saltos rápidos e progresivos dos cabalos que fan que o animal só toque o chan con dúas patas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do SO de Escocia, Gran Bretaña, ao O do río Nith. Posúe unha vexetación de landa. A súa economía baséase no gando ovino. As cidades máis importantes son Wigtown, Kirkcudbrigth, Drumfis e Stranraer. En 1160 constituíu un reino que estaba unido ao Reino de Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta leñosa que se ramifica desde o chan.

    2. Póla do tronco dunha árbore ou do talo dun arbusto.

    3. Punta dunha póla.

    VER O DETALLE DO TERMO