"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Proclama publicada na cidade de Koblenz polo duque de Brunswick o 25 de xullo de 1792, no nome do emperador de Austria e do tsar de Rusia. Conminaba os franceses a restablecer a plena soberanía de Luís XVI. O pobo de París, indignado polo manifesto, atacou o palacio das Tulleries (10 de agosto) e prendeu o rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Basilea s XV - ? s XVI) Impresor alemán. Estableceuse en València (1494-1517) e publicou numerosas obras en castelán, entre elas, o Cancionero general, de Hernando del Castillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Turku 25.11.1923) Político e financeiro finlandés. Membro do Partido Socialdemócrata, foi ministro de Finanzas (1966-1967), primeiro ministro (1968-1970 e 1979-1982) e presidente da República (1982-1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (La Habana 1928 - 25.5.2001) Fotógrafo. Coñecido como Alberto Díaz Gutiérrez, foi o creador da fotografía de modas en Cuba. Fundou os Estudios Korda (1953) e traballou como reporteiro gráfico no periódico Revolución. Desde 1968 comezou a traballar no campo da fotografía submarina científica. Foi autor da imaxe máis difundida internacionalmente de Ernesto Che Guevara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Toyohashi, Xapón 1926) Físico xaponés. Estudiou nas universidades de Toquio e Rochester, onde se doutorou coa tese Ultra-High-Energy Phenomena in Cosmic Rays (1955). Destacan as publicacións “Observation of a Neutrino Burst from the supernova SN1987a” (1987) e “Results from One Thousand Days of Real Time, Directional Solar Neutrino Data; Kamiokande-II Collaboration” (1990). En 2002 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con R. Davis, por facer contribucións pioneiras en astrofísica, particularmente para a detección de neutrinos cósmicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento anormal (10 mm como máximo) da distancia que separa dous trazos ou puntos luminosos impresionados nunha emulsión fotográfica. Este aumento débese a un esgotamento preferencial do revelador na zona situada entre as dúas imaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo da costa adriática, situado en Montenegro, Serbia e Montenegro, que forma unha ramificación entre as montañas de Lovćen, ao S, e as de Orjen, ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura da República Centroafricana (17.604 km2; 223.306 h [estim 1989]). A capital é Mobaye (5.816 h [estim 1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast´ de Donets´k, Ucraína (187.476 h [1999]). É un dos centros máis importantes do país en produción de maquinaria pesada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto segundo o que, para un tipo de revelador dado a igualdade de luz integrada na emulsión fotográfica, a velociade de revelado dunha imaxe latente obtida con pouca iluminación é máis grande que se a imaxe fose obtida cunha iluminación intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Wisbech, Cambridge 1939) Químico inglés. Estudiou na Universidae de Sheffield, onde se doutorou en 1961. Realizou investigacións baseadas na espectroscopia de microondas e capturou e analizou ondas producidas no espazo interestelar grazas á radioastronomía. Xunto con R. Smalley, R. Curl, e os estudiantes J. R. Head e S. C. O’Brien, crearon clusters de carbono a partir de grafito, que tras ser examinados descubriron que en vez de longas   cadeas de carbono, había fulerenos. Ademais conseguiron desenvolver un método para sintetizar estas moléculas. Por este descubrimento recibiu, xunto con Smalley e Curl, o Prremio Nobel de Química en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, da illa de Kyūshū, Xapón (656.734 h [1997]). Antiga cidade feudal, é actualmente un centro de servicios e de peregrinaxe budista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Kyūshū, Xapón (7.408 km2; 1.859.344 h [2000]). A súa capital é Kumamoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento cirúrxico para tratar as fracturas das diáfises dos ósos longos. Consiste na colocación dun cravo de aceiro ao longo do miolo do óso para fixar internamente os dous extremos da fractura. Foi introducido polo cirurxián alemán Gerhard Künstcher (1902-1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Varsovia 1896 - 1980) Matemático polaco. Obtivo importantes resultados na teoría xeral dos conxuntos e en topoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sim 1903 - Moscova 1960) Físico nuclear. Dirixiu as investigacións que levaron á fabricación da primeira bomba atómica da URSS e á primeira bomba termonuclear do mundo. Foi director do Instituto de Enerxía Atómica e académico de ciencias da URSS, estudiou as aplicacións pacíficas da enerxía nuclear, como por exemplo os reactores nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome proposto polos rusos para designar o elemento de número atómico 104 e que a IUPAC chama rutherfordio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kiev 1929 - Londres 1979) Escritor ucraíno. Publicou en ruso Prodolzenie legendy (Continuación dunha lenda, 1957) e o éxito chegoulle coa novela Babij Jar (1966), que máis tarde publicou novamente en Londres, sen as supresións da censura soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do fu homónimo, na illa de Honshū, Xapón (1.461.974 h [1997]),   situada ao S da illa, na chaira aluvial do Kamo. Capital imperial, foi fundada no s VIII polo Emperador Kwāmmu. Deu nome á época Heian (794-1185), cando o seu nome inicial era Heian-kyo. Foi residencia imperial ata 1868. Os monumentos históricos da antiga Kyoto (cidades de Kyoto, Uji e Otso) foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fu da illa de Honshū, Xapón (4.613 km2; 2.644.391 h [2000]). A súa capital é Kyoto.

    VER O DETALLE DO TERMO