Koshiba, Masatoshi
Koshiba, Masatoshi
(Toyohashi, Xapón 1926) Físico xaponés. Estudiou nas universidades de Toquio e Rochester, onde se doutorou coa tese Ultra-High-Energy Phenomena in Cosmic Rays (1955). Destacan as publicacións “Observation of a Neutrino Burst from the supernova SN1987a” (1987) e “Results from One Thousand Days of Real Time, Directional Solar Neutrino Data; Kamiokande-II Collaboration” (1990). En 2002 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con R. Davis, por facer contribucións pioneiras en astrofísica, particularmente para a detección de neutrinos cósmicos.