"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Aparato óptico que se emprega para determinar a concentración, en graxa, do leite. Un dos máis empregados é o de Fesser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de lactosa na urina. É frecuente durante o embarazo e a lactancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que favorece a segregación láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Destinado a Canarias co grao de capitán (1799), foi expulsado do exército e marchou a Francia, onde ingresou no exército napoleónico co que loitou en Alemaña. Destinado a España, desertou e reincorporouse ao exército español. Capitán xeneral de Catalunya (1811-1813), reorganizou o exército trala perda de Tarragona, e emprendeu expedicións no S de Francia. As diverxencias políticas provocaron a súa substitución e destinárono a Galicia (1813-1814). Trala restauración absolutista foi destituído e retirouse a Vinaròs. En 1817 dirixiu unha conxura para proclamar a Constitución en Barcelona que fracasou. Trasladado a Palma de Mallorca, morreu fusilado no castelo de Bellver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ladear ou ladearse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1077-1095), fillo de Bela I. Sucesor do seu irmán Xeza I, acabou de cristianizar Hungría e limitou a influencia da aristocracia. Entre 1091 e 1095 anexionou Eslovenia e Croacia, onde fundou o bispado de Zagreb. Canonizado en 1192 por santo Estevo de Hungría e santo Emerico, a súa festa celébrase o 27 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Quireza (Cerdedo) e Sabucedo (A Estrada). O seu cumio acada os 706 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias da Ferreirúa (A Pobra do Brollón) e O Incio (O Incio). O seu cumio acada os 818 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. A súa obra máis importante é a Historia General de España (1850-1859), en trinta volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Réptil da orde dos escamosos, de forma alongada, con, salvo excepcions (escáncer), e catro extremidades completas, algúns deles coas patas pouco desenvolvidas (esgonzo común). Os dedos adoitan ser longos e finos, especialmente o cuarto, que pode ter o dobre de lonxitude cós demais. A cabeza é máis ou menos robusta e a boca está provista de numerosos dentes, implantados directamente nos maxilares. O corpo está cuberto de escamas, superpostas ou non, os ollos teñen pálpebras e o oído está moi desenvolvido, tendo as aberturas auriculares unha membrana timpánica visible. Viven en ambientes variados pero sempre soleados, aínda que máis ou menos húmidos. Reprodúcense por ovos. As crías despois de nacer son capaces de desenvolver unha existencia autónoma e teñen unha coloración distinta á dos adultos. Aliméntanse, xeralmente, de insectos e outros invertebrados, algúns tamén dalgunha froita ou micromamíferos. Poden desprenderse voluntariamente dunha parte da cola por autotomía para chamar a atención...

      2. lagarto arnal [port: sardao; cast: lagarto ocelado; ingl: ocellated lizard] [Lacerta lepida, Fam dos lacértidos]

        Lagarto de maior tamaño de Galicia e de Europa, chegando a medir 260 mm. É verdoso con pintas negras polo lombo e uns característicos ocelos azuis nos costados, que son máis vistosos nos machos. As poboacións galegas son de tamaño lixeiramente inferior. Está activo entre marzo e novembro, e inactivo durante o inverno. Prefire áreas despexadas, con matorrais dispersos, e cálidas. Atópase sempre en zonas soleadas e cerca de refuxios (pedras) para protexerse. A súa alimentación baséase en insectos (sobre todo coleópteros) e outros pequenos artrópodos, gasterópodos (lesmas e caracois), micromamíferos, pequenos réptiles e froitos. En Galicia está presente en todo o territorio, se ben non aparece nas zonas máis húmidas. Existe unha subespecie exclusiva da Illa de Sálvora (Lacerta lepida oteroi)

      3. lagarto das silvas [port: lagarto-de-água; cast: lagarto verdinegro; ingl: Schreiber´s green lizard] [Lacerta schreiberi, Fam dos lacértidos]

        É o máis característico e frecuente dos lagartos galegos. Mide entre 71 e 120 mm, de corpo e cabeza, e o dobre de rabo. A cabeza dos machos é máis grande cá das femias. O corpo dos machos é verde claro ou amarelo cun fino punteado negro ata as patas traseiras, sendo estas e o rabo de cor marrón. As femias poden ser verdes coas patas posteriores e o rabo marróns ou completamente marróns, con manchas negras irregulares. En Galicia é activo desde febreiro ata novembro, sendo o celo nos meses de abril e maio. Vive en ambientes húmidos, e en Galicia atópase en zonas de mato, en áreas abertas, lindeiros de bosques e terras de labor. Aliméntase de insectos, outros pequenos artrópodos, pequenos gasterópodos e ás veces amoras. É un endemismo ibérico que soamente se atopa no NO da Península Ibérica e no Sistema Central, e en Galicia está uniformemente distribuído.

    1. solombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Tuxe (O Bolo). O seu cumio acada os 903 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada entre as de Cisne, Cefeo, Casiopea, Andrómeda e Pegaso. Contén poucas estrelas, entre as que destacan áLac, de cor branca, magnitude aparente visual 3,85, situada a unha distancia de 91 anos-luz, e âLac de magnitude 4,6 e cor amarela-alaranxada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lamaigrexa (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 790 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1939-1943). Ampliou a súa formación con sendas bolsas para estudar en El Paular (Segovia, 1943) e na École des Beaux-Arts de París (1945). Durante a década de 1940 realizou unha pintura próxima á escola de París e cultivou a paisaxe, o retrato e a figuración, co emprego dunha variada gama cromática de amarelos, azuis, verdes e grises. Comezou a participar en mostras colectivas, entre outras, na Bienal de Venecia de 1947, no Salón dos Once de 1949 e nas exposicións da galería Buchloz (1947-1954). En 1950 realizou uns murais para a Feria del Campo de Madrid, onde comezou a aparecer a abstracción, que desenvolveu na década de 1950. En 1951 instalouse definitivamente en París. As primeiras abstraccións caracterizáronse pola xeometrización e o cromatismo e polo paulatino aumento da presenza da liña e da planimetría. A mediados desa década mostrou un maior monocromatismo, con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia das Maus (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 975 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Cadramón (O Valadouro). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para atopar os máximos ou mínimos dunha función u = F (x1, x2,...xn) de n variables, que están sometidas a k condicións suplementarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto, no movemento de tres corpos ao redor dun centro común de gravidade, sendo un dos corpos moito máis pequeno ca os outros, de cinco posicións tales que, se o corpo máis pequeno ocupa algunha, as órbitas son practicamente elípticas. Foron propostos por J. L. Lagrange en 1772. O grupo Troiano disponse sobre os puntos de Lagrange do campo gravitacional Sol + Xúpiter.

    VER O DETALLE DO TERMO