Lacy Gautier, Luis Roberto de

Lacy Gautier, Luis Roberto de

Militar e político. Destinado a Canarias co grao de capitán (1799), foi expulsado do exército e marchou a Francia, onde ingresou no exército napoleónico co que loitou en Alemaña. Destinado a España, desertou e reincorporouse ao exército español. Capitán xeneral de Catalunya (1811-1813), reorganizou o exército trala perda de Tarragona, e emprendeu expedicións no S de Francia. As diverxencias políticas provocaron a súa substitución e destinárono a Galicia (1813-1814). Trala restauración absolutista foi destituído e retirouse a Vinaròs. En 1817 dirixiu unha conxura para proclamar a Constitución en Barcelona que fracasou. Trasladado a Palma de Mallorca, morreu fusilado no castelo de Bellver.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Roque, Cádiz

  • Deceso

    Lugar : Palma de Mallorca