"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo e poeta. Destacou polos seus entremeses, entre eles, Los ciegos, Los gitanos e La visita de la cárcel, e por dúas comedias burlescas tituladas La muerte de Valdovinos e Las mocedades del Cid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cancro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena nebulosa luminosa situada ao NO da estrela ζ do Tauro e a 3.500 anos luz da Terra. A súa luminosidade permite clasificala como un astro de novena magnitude e a súa masa total é igual á do Sol. Considérase que este corpo celeste é o resultado da explosión dunha supernova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta do xénero Sorbus, da familia das rosáceas, que pode presentar porte de arbusto ou de árbore, de ata 20 m de altura. De casca lisa e agrisada, sen espiñas e de folla caduca, presenta flores dispostas en corimbos de pétalos brancos de ata 10 mm de diámetro. En Galicia están presentes, formando parte dos bosques de montaña, as seguintes especies: S. aucuparia, con follas compostas, de ata 17 folíolos de marxe dentada, inflorescencias planas de ata 20 cm de diámetro, e froitos comestibles de cor alaranxada ou vermella; S. torminalis, de follas enteiras lobuladas de 3 a 8 parellas de nervios; e S. aria, tamén chamado mostallo e que deu nome ao cume Mustallar, de follas enteiras coa marxe dentada e de 8 e 14 parellas de nervios laterais, tomentosas e abrancazadas no envés.
-
-
Que ten forma de cancro.
-
Que ten forma de cangrexo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orixe ou formación dun cancro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode provocar o desenvolvemento do cancro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que trata o cancro.
-
-
Que ten a natureza ou o aspecto do cancro.
-
Que está afectado polo cancro.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recinto destinado á práctica de certos xogos ou deportes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten as pernas tortas cara a fóra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de madeira do xugo, normalmente con forma cambada, onde vai metida a cabeza do animal de tiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Betanzos que leva como armas, en campo de ouro, un canciño da súa cor natural.
-
PERSOEIRO
Sociólogo. Profesor de socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, iniciouse en Economía e obtivo o Diplome d’Études Approfondies pola Université de Paris VIII (Vincennes). Destacado militante do PCG-PCE, ingresou posteriormente, na coalición IU. Publicou, entre outras obras: El laberinto de las autonomías y las castas periféricas dominantes, una introdución a la sociología electoral (1982), Análisis socio-económico de la Costa de la Muerte (1986), en colaboración con Pedro Arias Veiga, Las elecciones en Galicia, 1977-1997: de la hegemonía centrista a la competencia tripartidista (1998), Economistas, empresarios, intelectuales, periodistas, políticos, prelados y sus mercados macro y microsociales (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Comezou a súa andaina literaria en El Correo Gallego, de Ferrol. Publicou os poemarios La musa loca (1910?) e Flor de mi senda (1912), e a miscelánea Alborear (1915?), que incluía poesía e teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Composición musical con texto versificado interpretado a unha ou máis voces e, frecuentemente, con acompañamento instrumental. A canción caracterizouse ao longo do tempo por unha gran diversidade de xéneros e formas. Na época carolinxia desenvolveuse, paralelamente ao canto monódico eclesiástico e influída por el, a chamada canción lírica latina, canto para unha soa voz con texto profano. Do s IX ao X documéntanse prantos e epitalamios e conservouse o nome dun autor, Sedelius Scott (880?), chamado Golias carolinus. Por outra parte, a partir do s XI, deuse a coñecer a produción dos cregos errantes chamados goliardos, que levaban de vila en vila cancións profanas baseadas musicalmente nos modos eclesiásticos da liturxia e, dende o s XI, inspiradas totalmente na secuencia; a unidade melódica determinábase polo uso exclusivo dun modo para cada estrofa. No Cancioneiro de Cambridge (s XI), colección de lamentacións, cantos políticos e cancións eróticas, os pneumas están...
-
-
Composición poética de carácter lírico e xeralmente de tema amoroso que adoitaba ir acompañada de melodía. De orixe escura, constituía xa a forma máis elevada da poesía occitana trobadoresca e o seu tema era o amor cortés e o encomio. Aínda que a liberdade estrófica era total, dentro dunha canción as estrofas mantiñan unha mesma estrutura co fin de poder ser cantadas sobre unha mesma melodía. A cobra ou estrofa presentábase en tres agrupamentos de versos: os dous primeiros grupos rimaban entre eles de forma cruzada (ab ba) ou encadeada (ab ab), e constituían a parte chamada frons; o terceiro grupo non presentaba forma determinada na distribución das rimas e chamábase cauda. Este esquema básico completouse posteriormente co engadido de rimas novas na frons (ex: aba cc, ou abb cc). Se, en xeral, as rimas da cauda eran diferentes das da frons, ás veces a última da primeira parte coincidía coa primeira da segunda (ex: ab ba...
-
canción alirada
ariedade da canción italiana tamén denominada canción clásica. Prescinde da orde rigorosa da estancia e utiliza unha unidade estrófica, a lira, que oscila entre os catro e os seis versos (cuarteto-lira, lira garcilasiana, sexteto lira, septeto alirado e oitava alirada), combinando heptasílabos e hendecasílabos con rima consoante.
-
canción italiana
Composición poética tamén denominada canción petrarquista, real, extensa ou canzone. Componse dun número indeterminado de estrofas ou estancias, que combinan versos hendecasílabos con heptasílabos, de rima consonante. O esquema métrico fixado na primeira estrofa mantense obrigatoriamente nas seguintes. Finaliza cunha estrofa máis reducida chamada remate, envío ou commiato, que, xeralmente, ten o primeiro verso solto e contén a despedida do poeta a un destinatario ou a reflexión da súa mesma canción. Acadou a súa estrutura definitiva con Petrarca e, segundo a definición de Dante Alighieri en De vulgari eloquentia (1304-1307), consta de dúas partes principais, o canto introdutorio (fronte) e o final (sirima), unidas por un verso de transición (chiave ou elo), que ten a mesma rima có último verso da fronte. O canto introdutorio pode estar dividido en dous pés (piedi) e o canto final en dous contrapés (volte)....
-
canción leopardina
ariedade da canción italiana que recibe o seu nome do poeta Giacomo Leopardi. As estrofas que a compoñen coinciden nun mesmo número de versos, pero difiren na disposición das rimas consonantes e na proporción en que aparecen os versos hendecasílabos e heptasílabos. Non presenta chiave ou elo.
-
canción libre
Composición poética que se caracteriza por emular formas da poesía tradicional, con rima asonante e reiteración de versos e de metros, como o romance e a cuarteta, ou formas paralelísticas. A lonxitude dos versos pode chegar ás doce sílabas.
-
canción pindárica
ariedade da canción italiana que debe o seu nome ao modelo grego de Píndaro, no que se basea. É unha combinación de versos heptasílabos e hendecasílabos, que riman en consonante. Componse de dúas estrofas simétricas (estrofa e antiestrofa), e unha terceira, chamada épodo, de diferente extensión e orde de rimas que as dúas anteriores.
-
-
Frase ou dito que se repite excesivamente e resulta molesta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de poesías dun ou de diversos autores dunha época determinada ou pertencentes a un mesmo xénero literario. Da súa existencia tense constancia desde a Antigüidade, pero é na Idade Media, sobre todo co florecemento da lírica trobadoresca, cando experimentaron unha gran proliferación. No tocante á temática son, sobre todo, de carácter lírico ou amoroso, pero tamén político, moral, relixioso ou satírico. Os cancioneiros medievais máis antigos débense a copistas profesionais, monxes ou segrares que estaban ao servizo de reis e de grandes señores. A ordenación das composicións nas compilacións antolóxicas seguiu criterios moi diversos, ben por autores (e máis ou menos cronoloxicamente), ben por xéneros e formas (ou polo lugar de procedencia dos poetas). Con posterioridade diminuíu o criterio unificador dun volume determinado. Pola relación entre canto e poesía, un bo número dos máis antigos eran musicados, pero con frecuencia a notación desatendíase porque dependía de especialistas....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro da Biblioteca Nacional.