"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Antigo convento que puido estar situado en Láncara e que se identifica co mosteiro de Santo Antonino de Güimir (Sarria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Burt Lancaster, protagonizou The Killers (1946), Apache (1953), Il Gattopardo (1963), Novecento (1975), Atlantic City (1980), Rocket Gibraltar (1988) e Field of Dreams (1989). Foi premiado nos festivais de Berlín e Venecia, en 1956 e 1962, por Trapeze e Birdman of Alcatraz, respectivamente e en 1960 obtivo o Oscar ao mellor actor por Elmer Gantry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cociente entre o momento magnético dun electrón, dun nucleón ou dun átomo, expresados en magnetóns de Bohr, e o seu momento angular, expresado en constantes de Plack e dividido por 2ð.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade dun landgrave.

    2. Territorio da xurisdición do landgrave. Recibiron este nome gran parte dos territorios do Sacro Imperio en que non había ducados. Case todos os landgraviatos acadaron categorías superiores (ducado, electorado). O derradeiro landgraviato soberano foi o de Hessen-Homburg, que durou ata 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e xornalista. Director de El Escolar (1891) e fundador e director das revistas Pontevedra en Broma e El Impertinente, dirixiu o Diario de Pontevedra á morte do seu pai, Andrés Landín (1910). Foi, ademais, director da Escola Normal de Pontevedra e dirixente do Directorio antiforista de Teis. Publicou a crónica local De mi viejo carnet (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Conselleiro da facción güelfa e escribán na Signoria, foi un neoplatónico convencido. Escribiu, entre outras obras, Disputations camaldulenses (1480?), poemas en latín, opúsculos e diálogos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista italiano. A súa narrativa insírese nunha atmosfera barroca-surrealista, entre a fantasía e o humor. Da súa obra destacan La pietra lunare (1939), La spada (1942), Cancroregina (1950), Racconti impossibili (1966) e A caso (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Discípulo de Gandhi, é autor de obras nas que denuncia a violencia e as virtudes esquecidas do mundo moderno. Publicou Le Pèlerinage aux sources (1943), Approches de la vie intérieure (1962), Enfances d’une pensée (1970), La trinité spirituelle (1971) e Rien qui ne soit tout (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada na praia da Lanzada en Noalla (Sanxenxo). Foi construída por Sisnando, bispo de Iria Flavia cara a 960 para defender as terras de Santiago das incursións normandas e árabes. Foi propiedade da mitra compostelá e en tempos de Diego Xelmírez pertenceu tamén a dona Urraca en diversas ocasións. Durante a Idade Media foi escenario de loitas relixiosas e incursións árabes e foi derrubada durante as Guerras Irmandiñas. A pesar de que apenas se conservan restos, foi declarada Ben de Interese Cultural en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento de época castrexa e romana situado en Sanxenxo, preto da ermida de Nosa Señora da Lanzada. Atopouse unha necrópole con catro niveis de ocupación: o superior de planta circular e realizado en cachotería; o seguinte con construcións de planta circular e cuadrangular e no que se atoparon pezas cerámicas e obxectos de bronce; un terceiro nivel con construcións de planta circular; e o cuarto no que se atoparon fragmentos de obxectos de cerámica. Os restos funerarios atopados corresponden a inhumacións dos ss III e IV segundo os obxectos cerámicos e metálicos encontrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de lanzar ou lanzarse.

      1. Proba de atletismo que consiste en lanzar a xavelina, o peso, o disco ou o martelo o máis lonxe posible, desde unha zona delimitada e de acordo co regulamento establecido.

      2. lanzamento libre

        Lanzamento directo a canastra, no baloncesto, desde unha distancia de 4,60 m da táboa, por parte dun xogador ao que se fai falta persoal.

      1. Expropiación mediante un acto xudicial.

      2. Acción de obrigar ao arrendatario ou ocupante dun ben inmoble ao desafiuzamento, en execución da sentencia  ditada por un xuíz.

    2. Acción de liberar un foguete que se quere lanzar ao espacio, despois de producirse o acendido do propulsor e no momento no que este toma o pulo necesario para asegurar a resposta dos controis de mando. Nos foguetes de pequenas dimensións, efectúase coa axuda dunha rampa ou dun tubo que controla o seu movemento inicial. Os foguetes de grandes dimensións lánzanse desde unha plataforma provista dun sistema de ancoraxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cadavedo (A Pastoriza). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato empregado para poñer os torpedos na dirección axeitada e acompañalos ao comezo da súa carreira, cara a fóra ou cara a dentro da auga. Poden ser sobreacuáticos, cando están incorporados nun barco de superficie ou nunha aeronave, subacuáticos, cando están incorporados a un submarino, e sobreacuáticos de suspensión, os que depositan o torpedo na auga sen darlle pulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica da parede abdominal e do peritoneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Barcelona a partir de 1990. Subtitulada “Voceiro da Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas de Barcelona”, estivo editada por esta asociación, tamén responsable de O Noso Breogán (1994). Editouse para difundir o labor da escola e contribuír ao coñecemento da cultura galega: gastronomía, lingua e literatura, música, localidades e cultura popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Editorial Lar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que conta todo, mesmo o que debería calar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento musical lento pero máis rápido ca o largo.

    2. Fragmento escrito neste movemento e que pode constituír o segundo tempo dunha sonata ou sinfonía en lugar dun largo ou dun adaxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación dunha abertura na larinxe que a comunica co exterior a través do pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica da parede da larinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO