lanzatorpedos

lanzatorpedos

(

s m [BÉL]

Aparato empregado para poñer os torpedos na dirección axeitada e acompañalos ao comezo da súa carreira, cara a fóra ou cara a dentro da auga. Poden ser sobreacuáticos, cando están incorporados nun barco de superficie ou nunha aeronave, subacuáticos, cando están incorporados a un submarino, e sobreacuáticos de suspensión, os que depositan o torpedo na auga sen darlle pulo.

Palabras veciñas

Lanzarote | Lanzarote | Lanzas, Cristo de | lanzatorpedos | Lanzhou | lanzoa | lanzón