Lanzhou

Lanzhou

Capital da provincia de Gansu, China, situada na rexión do Noroeste (1.194.640 h [1990]). É o primeiro centro comercial do NL de China. Posúe refinerías de petróleo e unha central hidroeléctrica. Destaca tamén a planta de separación de isótopos do uranio seguindo o principio da difusión gasosa.