"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Aplícase ao corpo metálico de cor vermella ou branca por efecto das altas temperaturas.
-
Que ten moita forza ou viveza por suscitar interese ou estar de actualidade.
-
-
-
BOT Inflorescencia pendurante e pouco vistosa de plantas de polinización principalmente anemófila, como o castiñeiro ou o millo
-
Res vacúa ou cabalar grande, fraca e mal formada.
-
-
-
Aplícase á variedade do azucre depurado e cristalizado.
-
Azucre depurado e cristalizado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hēráklion.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe aragonesa. Unha rama pasou a Galicia e outra asentouse en México. A esta caste pertenceu o Papa Alexandre V, chamado Pedro Falargo de Candía. As súas armas levan, en campo de ouro, unha banda de goles. Outros traen, en campo de goles, dous copóns de prata postos en faixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico funxistático e funxicida producido por unha cepa de Streptomyces griseus, especialmente eficaz contra o Candida albicans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lévedos da clase dos deuteromicetos, con frecuencia presentes na flora normal da boca, gorxa, intestino groso, vaxina e pel. Tamén poden aparecer como contaminantes en persoas inmunodeprimidas debido a algunha enfermidade ou aos medicamentos empregados para o seu tratamento; a infección producida por estes microorganismos coñécese co nome de candidiase. A principal especie patóxena é o C. albicans, causante de infeccións superficiais da pel entre leves e severas ou crónicas, das unllas e das mucosas, e incluso serias infeccións sistémicas en persoas inmunodeprimidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica arxentina dirixida en 1939 por Luis Bayón Herrera. Foi a primeira película dese país na que se utilizaron diversos trucos para efectos especiais, amais supuxo a primeira aparición cinematográfica da actriz Niní Marshall, concretamente no papel protagonista. Cándida, a criada galega que sempre se mete en líos, era unha personaxe moi popular da radio arxentina. A súa estrea cinematográfica constituíu un grande éxito, polo que as súas aventuras se repetiron en once películas, entre elas Los celos de Cándida, Cándida millonaria e Cándida la mujer del año. Nesta primeira comedia, chega Cándida a Bos Aires procedente de Galicia coa intención de empregarse no servizo doméstico e gañar diñeiro. Unha vez colocadada e tras solucionar os problemas económicos dos seus amos, será recompensada e poderá casar co seu noivo, un mozo de almacén, tamén galego, co que abrirá un bar. Niní Marshall basea a comicidade da súa personaxe na utilización humorística e amable...
-
-
-
Persoa que aspira ou está proposta para un posto, unha dignidade ou un honor.
-
Persoa que se presenta a unha elección.
-
-
Persoa que alguén propón para ocupar un determinado cargo.
-
-
-
Proposta ou condición de alguén como candidato.
-
Conxunto de candidatos presentados ou propostos para unha elección.
-
Papeleta, escrita co nome dun ou varios candidatos, utilizada para votar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Candidatura presentada conxuntamente polo Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), o Partido Comunista Galego (PCG), o Partido Popular Galego (PPG) e o Movemento Comunista de Galicia (MCG) para o Senado nas eleccións de 1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relato publicado en 1759 por François M. Arouet, coñecido como Voltaire. É unha novela de formación baseada no esquema narrativo da busca. O obxectivo é atopar o modo ideal de situarse no mundo, concretado no lugar axeitado no que establecerse. O descubrimento do espazo idóneo para existir identifícase co saber existir. O título asocia o nome de Cándido a unha cuestión filosófica, o optimismo, e acada deste xeito un valor de provocación ao unir dúas palabras con connotacións contrarias: a inocencia ou simpleza que suxire o nome de Cándido e a concepción do optimismo como descubrimento da propia identidade, xurdida como unha crítica á proposta de Leibniz do optimismo como aceptación da Providencia. A simpleza do protagonista dificultaralle acadar o seu propio lugar no mundo, en tanto que o seu candor o predispón a crer inxenuamente no que lle impoñen os demais. O coñecemento e a realización do mellor modo de existencia para el, equivalerá á conquista dun criterio que lle permita...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de cándido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección producida pola proliferación dos fungos do xénero Candida, especialmente da especie Candida albicans. Segundo a súa localización distínguese entre candidiase mucosa (afta, vulvovaxinite, balano-postite), candidiase cutánea (na rexión anal dos neonatos ou na pel das pregaduras inguinais, axilares, interdixitais, etc, dos adultos), a candidiase esofáxica ou dixestiva, a candidiase urinaria, etc. A sepsia candidiásica representa a invasión sanguínea polos fungos; trátase dun cadro grave que pode dar abscesos á retina ou ao pulmón e que pode afectar tamén ao corazón (endocardite), ao óso (osteomielite), á pel, aos músculos, ao cerebro, ás meninxes (meninxite) e ás articulacións (artrite).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Candide ou l’optimisme.
-
-
Aplícase á persoa carecente de malicia e que resulta fácil de enganar.
-
Que é da cor do leite ou da neve.
-
Que está libre de defecto ou impurezas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome procedente do latín candidus ‘branco, luminoso’ e, metaforicamente, ‘sereno, sincero, puro’. Era un cognome común na Roma imperial. Posúe os hipocorísticos Canducho, Ducho/Canducha, Ducha, Dotas. San Cándido (s III) era oficial da lexión tebana, lugartenente de san Mauricio, xunto ao que foi decapitado no Valais suízo, en tempos do Emperador Maximiano. Santa Cándida (s IV) foi unha virxe e mártir de orixe romana ou milanesa. Outra santa do mesmo nome foi unha das compañeiras de santa Úrsula e as Once Mil Virxes. Na iconografía, san Cándido leva vestiduras de militar romano, mentres que santa Cándida viste túnica e manto como o das doncelas romanas, sostendo na man a palma do martirio. Documéntanse distintas celebracións, pero non ten parroquia nin romaría propia en Galicia.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Cervo, no concello de Cedeira. Recibe este nome porque nela se localiza un faro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lámpada composta por un recipiente con aceite, graxa ou outra substancia combustible que se acende por medio dunha torcida depositada no seu interior, e unha asa para podela colgar e transportar.
-
Nome que reciben as libélulas adultas, especialmente as das familias dos gónfidos e dos oxigástridos.
-