Candida
Candida
[MONERA]
Xénero de lévedos da clase dos deuteromicetos, con frecuencia presentes na flora normal da boca, gorxa, intestino groso, vaxina e pel. Tamén poden aparecer como contaminantes en persoas inmunodeprimidas debido a algunha enfermidade ou aos medicamentos empregados para o seu tratamento; a infección producida por estes microorganismos coñécese co nome de candidiase. A principal especie patóxena é o C. albicans, causante de infeccións superficiais da pel entre leves e severas ou crónicas, das unllas e das mucosas, e incluso serias infeccións sistémicas en persoas inmunodeprimidas.