"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Industria da Late Stone Age (Idade de Pedra tardía) de África do Sur (10.000/6.000 a C) caracterizada por lascas retocadas sobre a materia prima local que contrastan coa presenza na zona de microlitos sobre material fino en momentos anteriores (industria Roberg) e posteriores (Wilton). Interprétase como un xeito de aproveitar a materia prima local ao reducirse os movementos do grupo nun contexto climático favorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luísa de Stolberg-Gedern.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título da Casa Real Escocesa empregado polos fillos segundoxénitos dos reis. Foi creado no 1398 polo Príncipe rexente Roberto, fillo do Rei Roberto II. Ostentárono, entre outros, o duque Xoán Stuart (ou Estuardo), Enrique Stuart (ou Estuardo), os futuros Reis Xaime VI (Xaime I de Inglaterra), Carlos I e Xaime VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, bibliotecario e cardeal. Estudiou en Montserrat, licenciouse en teoloxía en Roma, onde estudiou paleografía. Nomeado arquiveiro do mosteiro de Montserrat, fundou as dúas coleccións de documentos e estudios Analecta Montserratensia (1917) e Catalonia Monastica (1926), editando ademais unha Historia de Montserrat e outros estudios básicos para a historia crítica do mosteiro catalán, que lle serviron para o nomeamento da Xefatura da Biblioteca Vaticana (1936). Durante a Segunda Guerra Mundial salvou da destrución diversas bibliotecas, entre elas a de Montecasino. Foi Doutor Honoris Causa pola Universidade de Friburgo, de Brisgovia e de dúas universidades dos EE UU. Foi abade titular de Ripoll. Xoán XXIII nomeouno Cardeal (1962) e Arcebispo titular de Gisaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Albariño histórico, elaborado e comercializado por Bodegas do Palacio de Fefiñáns pioneiro no etiquetado. Entrou no mercado no 1928, sendo premiado xa na Exposición Internacional de Barcelona de 1929-1930. Elaborado exclusivamente con uva Albariño, responde ás características dos viños da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A adega está dirixida por Juan Gil González Coreaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Monforte de Lemos. As súas armas levan sobre campo de azur, torres na muralla da fortaleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cubano. Estudiou medicina en Barcelona e exerceu en París. Foi un dos creadores da uroloxía moderna e instaurou a proba diagnóstica de secreción renal que leva o seu nome (proba de Albarrán).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba que permite apreciar a secreción de cada un dos riles despois dun cateterismo ureteral e da inxestión dun volume determinado de auga con finalidade diagnóstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigamente, torre alén dos muros dun lugar fortificado. Servía para a defensa e como atalaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor castelán. Foi profesor no Conservatorio de Madrid e particular da Raíña Isabel II, ademais de organista da Capela Real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha (1.769 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, político, diplomático e escritor arxentino. Participou na política do ditador Rosas, á que máis tarde se opuxo. Foi conselleiro de Urquiza e exiliouse ao ser este derrotado por Mitre. É autor de Bases, escrito político que influíu sobre a Constitución de Arxentina do 1853, así como de gran número de traballos xurídicos e políticos, de artigos de costumes, dunha novela e de pezas de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Delfinado s XII) Poeta influenciado polas obras latinas de Julius Valderius (s IV) e do Arcipreste Leo (s X), que foi o primeiro en escribir nunha lingua románica sobre Alexandre o Grande, modelo cabaleiresco durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro italiano. Loitou en defensa do Papa romano Urbano VI contra Clemente VII, Papa de Aviñón. Axudou a Carlos II de Durazzo (III de Nápoles) na conquista de Nápoles (1381).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe cofundador da Orde do Císter xuntamente con Robert de Molesme e Esteve Harding. No 1098 Alberico sucedeu a Roberto na abadía. A festa celébrase o 26 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • L´Ouvrier (Bury, Oise 1815 - Mello, Oise 1895) Obreiro mecánico francés, revolucionario e seguidor de Blanc. Fundou o periódico L’ Atélier (1840). Participou na Revolución do 1848, foi integrante do Goberno Provisional e logo Presidente da Asemblea Nacional. Foi deportado, pero Napoleón III concedeulle a amnistía (1859). No 1871 participou na Comuna de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi profesor de Dereito en Perpiñán. No 1763 foi a París onde exerceu de lugartenente xeral da Policía (1775) e conselleiro de Estado fronte ao Ministerio Turgot. É autor de Lettres d’ un avocat (Cartas dun avogado, 1765) entre outras obras, moitas das cales se perderon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe elector e Arcebispo de Maguncia (Alberte IV, 1514-1545) e Cardeal (dende 1518). Fillo do elector Xoán I Cicerón de Brandenburgo. Interveu directamente na cuestión suscitada polas indulxencias, un dos motivos máis inmediatos do principio da Reforma protestante, na que se mostrou moderado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Godofredo III, duque de Lorena, e de Margarida de Limburgo, foi Bispo de Liexa (1191) e Cardeal. Por mandato do Emperador Enrique IV morreu asasinado en Reims; o corpo levárono a enterrar a Bruxelas. A súa festividade celébrase o 21 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Carmelita que, segundo a tradición, salvou a cidade de Mesina da fame ao facer entrar no porto tres navíos cargados de víveres. A súa festividade celébrase o 7 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO