Albany
Albany
[PREHIST]
Industria da Late Stone Age (Idade de Pedra tardía) de África do Sur (10.000/6.000 a C) caracterizada por lascas retocadas sobre a materia prima local que contrastan coa presenza na zona de microlitos sobre material fino en momentos anteriores (industria Roberg) e posteriores (Wilton). Interprétase como un xeito de aproveitar a materia prima local ao reducirse os movementos do grupo nun contexto climático favorable.