"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro. Participou como progresista na Revolución de 1854 e foi elixido deputado por Zamora. Loitou en 1856 contra L. O’Donnell Jorrís e tivo que exiliarse a Francia. Volveu pouco tempo despois e foi elixido novamente deputado. En 1863 adquiriu e dirixiu o diario La Iberia. Conspirou con Joan Prim i Prats e tivo que fuxir a Portugal, desde onde pasou a Reino Unido e a Francia. Preparou a rebelión dos sarxentos do cuartel de San Gil, en Madrid (1866), que fracasou, polo que foi condenado a morte en rebeldía, pero puido fuxir a Francia. En 1868 uniuse a Francisco Serrano Domínguez e foi un dos dirixentes do movemento revolucionario. Ocupou diferentes ministerios, entre eles o de Gobernación e o de Estado, entre 1868 e 1899, e presidiu o goberno en oito ocasións entre 1871 e 1902. En 1875 organizou o grupo constitucional, que refundou na asamblea de 1880 co nome de Partido Liberal-Fusionista, orixe do Partido Liberal. Estableceu con A. Cánovas o Pacto de El Pardo (1885)....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado en Rairiz de Veiga. A capela realizouse en 1721 e reformouse con posterioridade. No interior destaca o retablo maior, obra de Xerónimo Domínguez (s XVIII), coa imaxe de san Sebastián. O 24 de setembro ten lugar unha romaría en honor da Virxe e na que se celebra o encontro entre mouros e cristiáns.
-
PERSOEIRO
Pedagogo, pai de Vítor Said Armesto. Estudou maxisterio na Escuela Central de Madrid e foi profesor na Escola Normal de Pontevedra. Dirixiu a Escola Normal de Mestras da que dimitiu en 1869. Participou activamente no movemento revolucionario que levou ao derrocamento de Isabel II en setembro de 1868. En Pontevedra colaborou coas empresas periodísticas de Indalecio Armesto e formou parte da redacción dos periódicos El Derecho, La Reforma, La Crónica, La República e La Voz del Pueblo, da que chegou a ser director. Colaborou coa ILE e promoveu os novos métodos pedagóxicos en Galicia. Os seus discípulos, Enrique García e Manuel Martínez, puxeron en marcha unha escola Fröbel en Pontevedra, na Casa do Barón. Participou no Congreso Nacional Pedagógico de 1882 e escribiu numerosos e innovadores programas educativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
donicela.
-
PERSOEIRO
Actriz. Debutou no teatro profesional en 1970 e no cine en 1977 da man de J. Chávarri no filme A un dios desconocido. Despois de triunfar no papel protagonista de Gary Cooper que está en los cielos (1980, Premio á mellor actriz no Festival de Moscova), de Pilar Miró, interpretou Extramuros (1985, Concha de Plata no Festival de Cine de Donostia), El pájaro de la felicidad (1993, Premio á mellor actriz no Festival de Cine de Bérgamo 1994), Sé quien eres (2000), Lugares comunes (2002, Premio Goya á mellor actriz 2003) e Reinas (2005). Presidenta da Real Academia de Cine español, foi galardoada co Premio Nacional de Cinematografía (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Rao (Navia de Suarna). O seu cumio acada os 1.300 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MONTES
Monte que pertence ao sistema montañoso da serra de San Mamede, situado entre os concellos de Vilar de Barrio, Montederramo e Maceda. O seu cumio acada os 1.618 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral atlántico, situada entre as de Caldebarcos e Carnota, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -