Sampietro Marro, Mercedes
Sampietro Marro, Mercedes
Actriz. Debutou no teatro profesional en 1970 e no cine en 1977 da man de J. Chávarri no filme A un dios desconocido. Despois de triunfar no papel protagonista de Gary Cooper que está en los cielos (1980, Premio á mellor actriz no Festival de Moscova), de Pilar Miró, interpretou Extramuros (1985, Concha de Plata no Festival de Cine de Donostia), El pájaro de la felicidad (1993, Premio á mellor actriz no Festival de Cine de Bérgamo 1994), Sé quien eres (2000), Lugares comunes (2002, Premio Goya á mellor actriz 2003) e Reinas (2005). Presidenta da Real Academia de Cine español, foi galardoada co Premio Nacional de Cinematografía (2003).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona