"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (221 a C-179 a C), fillo de Demetrio II. Sucedeu a Antígono II de Macedonia, aliouse con Aníbal (215 a C) e combateu contra os aliados de Roma durante a Primeira Guerra Macedonia (216 a C-205 a C). Conquistou Tracia e as cidades gregas do Mar Exeo (203 a C-200 a C) pero foi derrotado por Quinto Flaminio en Cinocéfalos (197 a C), na Segunda Guerra Macedonia. Posteriormente, aliouse cos romanos contra Nabis (195 a C), contra Antíoco III de Siria e contra os etolios (191 a C-189 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (244-249). Prefecto do pretorio baixo o Emperador Gordiano III, organizou a súa morte e sucedeuno. Asinou a paz cos persas (244) e mantivo boas relacións co Senado. Despois da súa derrota na Batalla de Verona fronte a Decio, comandante do exército do Danubio, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Macedonia, preto do Mar Exeo, á altura da illa de Tasos e uns 170 km ao N de Tesalónica. Fundada no s IV a C e denominada Krenides, Filipo II de Macedonia conquistouna e fortificouna (360 a C). Incorporada ao Imperio Romano (148 a C), converteuse na capital da provincia de Macedonia. Preto desta poboación produciuse a vitoria de Marco Antonio, Octavio e Lépido sobre os republicanos (45 a C). San Paulo fundou nela a primeira comunidade cristiá de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate entre os cesarianos Marco Antonio, Octavio e Lépido e os republicanos Bruto e Casio, que tivo lugar na Macedonia oriental o 23 de outubro do 42 a C. Trala vitoria das tropas dos cesarianos, Bruto e Casio suicidáronse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iannis Ikonomópulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína grega, filla do rei de Tracia. Á volta de Troia, Acamante (ou Demofonte) foi guindado nunha nave á costa de Tracia. Acollido polo rei do país, namorouse da súa filla, Filis, casou con ela e tivo dous fillos, Acamante e Anfípolis. Segundo outra versión, logo de manteren unha relación, o heroe ateniense partiu para Atenas coa promesa de volver e celebrar a voda; pero, aínda que Filis baixou nove veces da cidade á praia para recibilo, el non chegou e ela aforcouse coa desesperación. Conta tamén a lenda que foi transformada nunha amendoeira sen follas e, cando o heroe volveu e a abrazou entre bágoas, a árbore reverdeceu e agromaron as follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de filisteo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos filisteos.

    2. Individuo do pobo filisteo.

    3. Pobo de orixe indoeuropea que, despois de fracasar no intento de invadir Exipto (1175 a C), se estableceu na rexión costeira de Palestina, situada entre o Monte Carmelo e Gaza. Organizaron unha confederación de cinco cidades estado formada por Gaza, Ascalón, Asdod, Gath e Accarón, gobernada cada unha delas por un seran (soberano). Pasaron por tres fases, unha de expansión cara ao interior, en detrimento dos israelitas (s XI a C); outra de apoxeo (finais do s XI a C); e, finalmente, outra de decadencia, que se iniciou coa chegada ao trono de Xudá e Israel do Rei David, ata ese momento vasalo do rei de Gath. Trala derrota dos filisteos en dúas ocasións na chaira de Refaïm, preto de Xerusalén, durante o reinado de David foron sometidos polos israelitas e pouco a pouco diluíronse como pobo trala súa incorporación polos sucesivos imperios asirio, neobabilónico e persa. Coñécese o nome de dúas das súas divindades, Astarte e Dagón. Consérvanse escasas mostras da súa cultura, entre outras,...

      1. Que ou quen ten un gusto artístico vulgar.

      2. Que ou quen só ten en conta os intereses materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Axudou a Dionisio o Vello a facerse co poder pero foi desterrado. Regresou no 367 a C, co goberno de Dionisio o Novo, e dirixiu a súa escuadra naval. Morreu durante a toma de Siracusa levada a cabo por Dión. Escribiu unha Historia de Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roca metamórfica orixinada a partir de sedimentos arxilosos, compacta, de cor variable e brillo sedoso. Está constituída por cuarzo, mica e sericita, acompañada de clorita e outros minerais accesorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato caracterizado polo feito de ter unha estrutura laminar. Na forma máis sinxela forma unha rede plana hexagonal de SiO4-4. Estas capas poden establecer entre elas, ou con outros grupos como as micas, enlaces por medio de catións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Cesarea de Capadocia (? 230-269). Foi partidario de Oríxenes e adversario de Novaciano. A súa festividade celébrase o 28 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de flexible. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de flexibilizar ou flexibilizarse. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer flexible ou dar máis flexibilidade a algo ou alguén.

    2. Facerse flexible ou máis flexible algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo sétimo concicilio ecuménico, iniciado en 1431 en Basilea, trasladado a Ferrara en 1437, a Florencia en 1439 e a Roma en 1443, onde rematou tres anos máis tarde. Tivo como tema central a unión entre as igrexas de Oriente e a latina. As dificultades económicas do papa obrigaron a trasladar o concilio a Florencia. Os temas sucesivamente estudiados foron a doutrina sobre a orixe do Espírito Santo e o engadido do filioque, o valor da epíclese grega, o primado do bispo de Roma e algunhas cuestións referentes ao purgatorio. En xullo de 1439 foi asinada polos presentes a bula de unión Laetentur coeli, e despois os decretos de unión con outras igrexas de Oriente: armenios, en novembro de 1439, coptos, en febreiro de 1444, sirios, en abril de 1444, e maronitas de Chipre, en agosto de 1445. Ás moitas dificultades para facer aceptar o concilio, engadiuse, en 1453, a caída de Constantinopla, que deu forza aos antiunionistas, que refusaron o concilio en 1848.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de flotable.

    2. Forza resultante do empurrón da auga, experimentada polo volume do corpo somerxido nun líquido, oposta ao peso total deste corpo. Se esta diferenza é grande, o corpo queda sobreauga; se é pequena a cara de auga, se é nula permanece indiferente, a flor de auga ou a media auga, e se é negativa vaise ao fondo. A flotación dun barco debe ser tal que, ben somerxido o buque ata a liña de flotación superior, quede suficiente volume fóra da auga a fin de poder navegar con mal tempo. É o que se denomina reserva de flotabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que só se coñece en disolución, onde se comporta como un electrólito forte. Cos metais forma fluorosilicatos. Emprégase como axente estabilizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia situada na fronteira entre a fonética e a fonoloxía que se encarga de estudar as funcións expresiva e apelativa dos elementos fónicos dun enunciado oral, segundo a definición de N. S. Trubeckoj.

    VER O DETALLE DO TERMO