Florencia, Concilio de
Décimo sétimo concicilio ecuménico, iniciado en 1431 en Basilea, trasladado a Ferrara en 1437, a Florencia en 1439 e a Roma en 1443, onde rematou tres anos máis tarde. Tivo como tema central a unión entre as igrexas de Oriente e a latina. As dificultades económicas do papa obrigaron a trasladar o concilio a Florencia. Os temas sucesivamente estudiados foron a doutrina sobre a orixe do Espírito Santo e o engadido do filioque, o valor da epíclese grega, o primado do bispo de Roma e algunhas cuestións referentes ao purgatorio. En xullo de 1439 foi asinada polos presentes a bula de unión Laetentur coeli, e despois os decretos de unión con outras igrexas de Oriente: armenios, en novembro de 1439, coptos, en febreiro de 1444, sirios, en abril de 1444, e maronitas de Chipre, en agosto de 1445. Ás moitas dificultades para facer aceptar o concilio, engadiuse, en 1453, a caída de Constantinopla, que deu forza aos antiunionistas, que refusaron o concilio en 1848.