"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Conxunto de coñecementos relativos á cría e educación do cabalo.

    2. hípica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas e aplicacións da hipnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que preconiza a observación e a experimentación razoadas.

    2. Deformación dun dedo que consiste no ancheamento da pulpa da terceira falanxe e o encurvamento da uña cara á cara palmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de deficiencia funcional das gónadas, sexa por un defecto dos testículos ou dos ovarios, ou ben por unha produción deficiente de gonadotropinas hipofíticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade provocada pola deficiencia da hormona paratiroidal. Clinicamente comporta hipocalcemia e hiperfosforemia, con tetania por aumento da excitabilidade neuromuscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado consecutivo a un déficit hormonal da hipófise anterior ou adenohipófise. No neno, o hipopituitarismo determina o denominado ananismo hipofisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade moi baixa do timo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado patolóxico orixinado por unha deficiencia da hormona tiroide, a tiroxina. OBS: Tamén recibe o nome de insuficiencia tiroide.

    2. Hipotiroidismo que se caracteriza pola afección do tecido conectivo subcutáneo (mixedema). O aspecto do paciente caracterízase pola facies mixedematosa, coa pel grosa, edematosa e seca.

    3. Hipotiroidismo causado por unha ausencia conxénita de glandula tiroide (atireose), por defectos conxénitos na síntese da hormona ou por falta endémica de iodo. Determina atraso mental e do crecimento (ananismo hipotiroideo) e outros trastornos. Denomínase tamén cretinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome que consiste nun desenvolvemento esaxerado do sistema piloso, especialmente das mulleres, nas rexións corporais onde normalmente hai peluxe. Tamén se denomina hipertricose verdadeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ocábulo, expresión ou xiro idiomático propios do castelán ou que proceden del.

    2. Afección a España ou ao que estea relacionado con ela.

    3. Conxunto de estudios sobre a cultura hispánica, especialmente os achegados por investigadores estranxeiros. O hispanismo comezou en Alemaña a finais do s XVIII, relacionado co prerromanticismo e co romanticismo. Os irmáns Schlegel foron os seus abandeirados, seguidos de Jacob Grimm, Herder, Wolf, Humboldt e, posteriormente, de Meyer-Lübke, Vossler e Rohlfs, entre outros. Estivo impulsado en diferentes lugares por diversos autores e institucións. Na Universidade de Toulouse (Francia) publicouse o Bulletin Hispanique e na de Liverpool o Bulletin of Hispanic Studies. En Italia publicáronse os Quaderni Iberoamericani, de Bertini, e os Studi di Letteratura Spagnola. Tamén hai que engadir os investigadores estadounidenses (A. M. Huntington, Iakov Malkiel, María Rosa Lida, Hatzfeld, Leo Spitzer, A. S. Morby e Rivers, entre outros), as revistas Hispanic Review e Hispania, e a The Hispanic Society of America. Existe, ademais, a Asociación Internacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que predica a unión espiritual dos pobos hispanoamericanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica que se caracteriza por reducir a realidade humana á súa condición histórica. No s XX a corrente historicista foi configurada por E. Troeltsch e K. Mannheim, aínda que os seus antecedentes están en autores como G. Vico, A. Comte, L. von Ranke, K. Marx e W. Dilthey.

    2. Estilo arquitectónico que se desenvolveu no s XIX. Relacionado co eclecticismo, caracterizouse pola recuperación de formas arquitectónicas do pasado tanto de xeito illado como simultáneo, pero sen dominar ningunha sobre outra. Construíronse edificios con características das arquitecturas grega, gótica, renacentista e barroca, principalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio de histrión.

    2. Conxunto de persoas que se dedican ao oficio de histrión.

    3. Comportamento propio dun histrión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e sistema político de Adolf Hitler.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corrente de pensamento desenvolvida no s XIX, dirixida xeralmente por médicos, que denunciaba a falta de salubridade e de hixiene nas cidades industriais con relación ás altas taxas medias de mortalidade e ás epidemias (cólera, tifo, paludismo), que frecuentemente a asolaban. Manifestouse principalmente en Inglaterra, onde se plasmou en obras como Report on the Sanitary Conditions of the Labouring Population (1842), de E. Chadwick, que contribuíu á aprobación en 1848 da primeira Public Health Act. En Francia publicáronse obras como Tableau de l’état physique et morale des ouvrières (1840), de L. R. Villarmé.

    2. Corrente médico-filosófica que propón a realización das denominadas dietas disociadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo cuñado por J. C. Smuts (1870-1950) na súa obra Holism and evolution (1926) para designar a tendencia do universo a construír unidades de crecente complicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexeneración total dunha parte dun órgano que foi perdida ou amputada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno polo cal algúns minerais presentan formas cristalinas semellantes.

    2. Aplicación biunívoca f entre dous espacios topolóxicos tal que f e a súa inversa f -1 son continuas.

    VER O DETALLE DO TERMO