hispanismo
(
-
s
m
ocábulo, expresión ou xiro idiomático propios do castelán ou que proceden del.
Confrontacións: castelanismo. -
s
m
Afección a España ou ao que estea relacionado con ela.
-
s
m
[LING]
Conxunto de estudios sobre a cultura hispánica, especialmente os achegados por investigadores estranxeiros. O hispanismo comezou en Alemaña a finais do s XVIII, relacionado co prerromanticismo e co romanticismo. Os irmáns Schlegel foron os seus abandeirados, seguidos de Jacob Grimm, Herder, Wolf, Humboldt e, posteriormente, de Meyer-Lübke, Vossler e Rohlfs, entre outros. Estivo impulsado en diferentes lugares por diversos autores e institucións. Na Universidade de Toulouse (Francia) publicouse o Bulletin Hispanique e na de Liverpool o Bulletin of Hispanic Studies. En Italia publicáronse os Quaderni Iberoamericani, de Bertini, e os Studi di Letteratura Spagnola. Tamén hai que engadir os investigadores estadounidenses (A. M. Huntington, Iakov Malkiel, María Rosa Lida, Hatzfeld, Leo Spitzer, A. S. Morby e Rivers, entre outros), as revistas Hispanic Review e Hispania, e a The Hispanic Society of America. Existe, ademais, a Asociación Internacional de Hispanistas (AIH), que organizou diversos congresos como o de Oxford (1962), México (1968), Salamanca (1971), Bordeos (1974), Berlín (1986), Birmingham (1995) e Nova York (2001).